É Doutor en Ciencias Políticas e Sociais pola Universidade Nacional Autónoma de México. Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, Galicia. Actualmente é Profesor Permanente a tempo completo “C”, a máxima categoría académica outorgada pola Universidade Nacional Autónoma de México. Foi director da Facultade de Estudos Superiores “Acatlán”, onde imparte clases de Política Internacional e Acción Exterior dos gobernos locais. Traballa nas seguintes liñas de investigación: paradiplomacia, seguridade e migracións. Foi presidente da Asociación Mexicana de Estudos Internacionais A.C. (2009-2011) e actualmente forma parte do seu Consello de Honra. É membro do Consello Consultivo da Asociación Mexicana de Oficinas de Asuntos Internacionais de Estados (AMAIE), organización que representa aos gobernos das Entidades mexicanas.
Artigos de Martínez Justo, Manuel

