FotoIGADI AntiaMayo

Mayo Barreiro, Antía

Estudante da Universidade de Vigo en práctica no IGADI. Alumna en cuarto curso do grao de Relacións Internacionais.


Artigos de Mayo Barreiro, Antía

Unha arma invisibilizada: 5. Instrumentos para combater a violencia sexual nos conflitos

Para concluír esta serie dedicada á violencia sexual relacionada cos conflitos armados, resulta oportuno abordar algúns dos instrumentos internacionais creados para previr, combater e reparar este tipo de crimes. Aínda que a violencia sexual segue sendo unha realidade devastadora en numerosos escenarios bélicos, a comunidade internacional desenvolveu mecanismos cada vez máis sólidos para afrontala.

Unha arma invisibilizada: 4. Agresores de violencia sexual nos conflitos

Continuando coa temática tratada durante as anteriores semanas, e unha vez explicadas as posibles consecuencias da violencia sexual relacionada cos conflitos, esta semana toca falar sobre os agresores. Cada guerra é diferente, polo tanto, os patróns de violencia sexual cambian de unha a outra, incluso dentro do mesmo conflito hai variacións. Neste ecosistema tan diverso, o perfil dos agresores é amplo, pero para sintetizar, imos intentar agrupalos en 3 grupos delimitados, aínda que posiblemente existan máis.

Unha arma invisibilizada: 3. As consecuencias da violencia sexual nos conflitos

Logo de coñecer os impactantes datos sobre violencia sexual nos conflitos, esta semana centrarémonos nas consecuencias a curto e longo prazo para as vítimas de violencia sexual nos conflitos. Non é sinxelo acoutar as consecuencias da violencia sexual nos conflitos armados. A discusión está aberta, mais distintas investigacións e informes converxen nunha serie de elementos comúns, diferenciando o posible impacto sobre mulleres e homes.
Fonte: UNFPA DRC/Junior Mayindu

Unha arma invisibilizada: 2. Datos sobre a violencia sexual nos conflitos

Continuando co tema tratado no artigo anterior, nesta semana centrarémonos en datos recollidos por Nacións Unidas sobre a violencia sexual relacionada cos conflitos no mundo. Non obstante, cabe sinalar que estas cifras non reflicten a magnitude nin a prevalencia destes delitos, polo silencio que gardan moitas superviventes e erros estruturais como as posibles dificultades para acceder ao sistema xudicial.

Unha arma invisibilizada: 1. A violencia sexual nos conflitos

Nun contexto internacional marcado pola inestabilidade, cun número en aumento de guerras, a violencia sexual relacionada cos conflitos parece estar á orde do día. Por iso, ao longo das próximas semanas afondaremos nesta problemática a través dunha serie de artigos que tratarán de aportar información, identificar aos agresores ou incluso analizar os recursos existentes para erradicala.