Méixome Quinteiro, Carlos

(Val, Lalín, 1954). Estudou Filosofía e Ciencias da Educación en Compostela e exerceu como profesor de Xeografía e Historia en varios centros de secundaria e durante moitos anos no IES “Escolas Proval” de Nigrán, onde se xubilou. Militante nacionalista dende novo e activista cultural. Na década dos  noventa colaborou co IGADI. Fundou e dirixiu durante máis de tres lustros o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM). Ten publicados traballos sobre cuestións internacionais, historia contemporánea de Galicia e investigado sobre a persecución franquista no sur da provincia de Pontevedra. Colabora en diversos medios de prensa impresa e dixital. Reside dende hai anos en Gondomar, pero criouse e medrou no Carballiño onde reside a súa familia.


Artigos de Méixome Quinteiro, Carlos

Jospin explora a “vía irlandesa”

Apartados xeográficos Nacionalismos ARQUIVO
O pasado 13 de decembro o primeiro ministro francés Lionel Jospin, acompañado de cinco dos seus ministros, recibía no palacio de Mantignon a unha ampla representación de cargos electos corsos entre os que se atopaban Jean-Guy Talamoni e Paul Quastana, representantes de Corsica Nazione, a coalición que logrou agrupar a gran parte do fraccionado movemento …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

O parlamento ruso seguirá inestable

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Os resultados definitivos das lexislativas rusas confirman o importante resultado da forza gobernamental Vredme (Unidade), capaz de transformar en votos as bombas arroxadas sobre Chechenia. Mais o resultado acadado polo novo experimento do Kremlin no sistema de circunscrición foi moi inferior ao que tiña logrado no de listas. O PCFR seguirá a ser o grupo …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

O ieltsinismo triunfador nas lexislativas

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Putin non puido ensinarlle aos medios de comunicación as imaxes dos carros de combate entrando no centro de Grozni. Mais a decidida, e provocada, intervención militar en Chechenia foi máis rendible do que o mesmo Kremlin esperaba. O obxectivo era superar ao tándem Luxkov-Primakov e non só o lograron senón que igualaron aos comunistas. As …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

O novo isolacionismo ruso

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
A permanente confrontación entre a atracción por occidente, nomeadamente polo envexado desenvolvemento económico, e as reservas temerosas ante a perda dos sinais de identidade nacional é unha das constantes históricas rusas. A tensión entre as tendencias "eslavistas" e "occidentalistas" estivo presente , con maior ou menor intensidade e cunha ampla gama de matices, nos momentos …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Oçalam, cabeza de turco

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O Consello da Unión Europea ven de ratificar no Cumio de Helsinki a estratexia de ampliación deseñada pola Comisión. Mentres avanzan as conversas cara o horizonte do 1º de xaneiro do 2003 con Polonia, Hungría, Eslovenia, Estonia, R. Checa e Chipre, abríronse as negociacións con Bulgaria, Romanía, Eslovaquia, Letonia, Lituania e Malta. Ao tempo consagrouse …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Panorama electoral ruso

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
En plena ofensiva militar en Chechenia, o 19 celébranse as eleccións lexislativas na Federación Rusa. A excesiva concentración de poderes que o sistema constitucional ruso, feito á medida de Boris Ieltsin, outorga ao presidente fai que as parlamentarias teñan un papel moi secundario. De feito, as do domingo estanse a converter nunha especie de primarias …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Schröder arrefría a “terceira vía

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Hoxe comeza en Berlín o congreso do partido socialdemócrata alemán SPD), en pleno cambio de rumbo encabezado polo chanceler Schröder coa intención de corrixir a negativa tendencia electoral agravada nos últimos meses. Dende a espantada de Oskar Lafontaine e o controvertido apoio ao bombardeo de Iugoslavia a ascendente estrela do chanceler comezou a declinar. O …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Grozni debe caer antes do día 19

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Unha das claves interpretativas da guerra desencadeada por Rusia na república chechena é que o enfrontamento armado no norte do Cáucaso é, entre outros motivos, un reflexo dos combates moscovitas polo poder. Nesta consideración ten sentido o descomunal ataque da artillería rusa sobre Grozni. Trataríase de conquistar a capital chechena antes do próximo día 19, …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Ulster: a espera da reunión do UUP

Apartados xeográficos Nacionalismos ARQUIVO
O próximo sábado 27 vaise reunir o Consello Executivo do Partido Unionista do Ulster (UUP) liderado por David Trimble. A reunión semella decisiva para desbloquear definitivamente as negociacións de paz en Irlanda do Norte despois de que o IRA decidise nomear un representante ante a Comisión Internacional para o desarme. Os 900 membros do Consello …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »