Méixome Quinteiro, Carlos

(Val, Lalín, 1954). Estudou Filosofía e Ciencias da Educación en Compostela e exerceu como profesor de Xeografía e Historia en varios centros de secundaria e durante moitos anos no IES “Escolas Proval” de Nigrán, onde se xubilou. Militante nacionalista dende novo e activista cultural. Na década dos  noventa colaborou co IGADI. Fundou e dirixiu durante máis de tres lustros o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM). Ten publicados traballos sobre cuestións internacionais, historia contemporánea de Galicia e investigado sobre a persecución franquista no sur da provincia de Pontevedra. Colabora en diversos medios de prensa impresa e dixital. Reside dende hai anos en Gondomar, pero criouse e medrou no Carballiño onde reside a súa familia.


Artigos de Méixome Quinteiro, Carlos

A desmesura de Putin

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Man de aceiro en luva de seda. Ese é Putin. A súa doutrina de seguridade acepta mesmo o emprego de armas nucleares contra quen ameace a integridade territorial rusa. Hai anos que a formulou. Tras o 11 de setembro a violencia exercida polos estados legalmente constituídos está totalmente lexitimada. Os secuestradores deixaron de ser chechenos …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

A victoria de Fischer

Apartados xeográficos ARQUIVO Europa
Nin Schröder, nin Stoiber, nin sequera Os Verdes foron os triunfadores da xornada electoral. O único vencedor foi Joscka Fischer, o político máis popular de Alemaña rompeu os prognósticos levando ao seu grupo á acadar a maior representación parlamentaria da súa historia. Agora terá que xestionar ese case 9% dos votos que o consolidan como …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Bush dálle azos a Schröder

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Alemaña agarda ansiosa polo 22 de setembro. Boa parte de Europa tamén. A alianza gobernante en Berlín afrontaba as lexislativas en claro retroceso. A súa errática política nos Balcáns, o fracaso na loita contra o paro, a incapacidade para diminuír o impacto da crise económica, a perda de protagonismo na UE, prognosticaban, segundo as enquisas, …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

A guerra de Putin

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Dende o 11-S de 2001 o silencio é o trazo máis característico tanto da política exterior rusa como das novas referidas ao vello e enorme estado euro asiático. Dende hai un ano son escasas as informacións recollidas nos medios internacionais sobre os conflictos armados na área ex soviética. A "prudencia" interesada é a táctica do …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Un ano de política exterior norteamericana

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Está moi estendida a visión de que a política internacional obedece a criterios matinados, sopesados con tempo, incluso planificados con parsimonia. Cando menos esta é a imaxe que se proxecta en moitos medios especializados e que compartimos en maior ou menor medida case todos. Algo de verdade debe haber nesta sensación, ¡pero menos!. Por exemplo …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Máis armas

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Os grandes beneficiados tras os acontecementos do 11-S son, sen lugar a dúbidas, os fabricantes de armas e os políticos "militaristas". Non é necesario aclarar que nos dous casos referímonos aos norteamericanos. O presidente Bush envía un proxecto de orzamentos que medra nun 12%, no apartado de Defensa, en nun 111% no de Seguridade Interior. …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Poder e televisión

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Moitos analistas, entre outros e recentemente desaparecido Pierre Bourdieu, teñen estudiado en profundidade a relación entre poder e información. A preponderancia nos medios é sinónimo de dominio político ou económico. En Italia, Berlusconi aumentou o inmenso poder que xa tiña, coas canles privadas que posuía, coa cada vez maior influencia que exerce sobre as públicas. …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Agardando por maio

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Será no mes parisiense por excelencia cando Chirac e Jospin se enfronten nas urnas coa presidencia da República en xogo. A primeira volta está fixada para o 5 de maio. Os analistas coinciden en que haberá segunda parte. Ás poucas semanas as lexislativas. A campaña electoral vai suave, cohabitación impón. A disolución da Asemblea Nacional, …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Fischer, o terceiro candidato

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O Ministro de Exteriores Joschka Fischer foi confirmado, no día de onte, como candidato á chancelería. Por primeira vez Os Verdes presentan formalmente un aspirante á xefatura do goberno. A candidatura de Fischer engádese ás outras dúas confirmadas: Gerhard Schröder e Edmund Stoiber. A cita o 22 de setembro. O mais madrugador fora o SPD, …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »

Máis dereita

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Será o bávaro Edmund Stoiber quen se enfrontará ao chanceler Schröder o 22 de setembro. O pasado venres a presidenta da Unión Cristián Demócrata (CDU) renunciou a ser candidata nos próximos comicios federais. O líder da Unión Social Cristiá (CSU) e primeiro ministro de Baviera será o encargado de intentar que o período socialdemócrata non …

Méixome Quinteiro, Carlos Ler máis »