Méixome Quinteiro, Carlos

(Val, Lalín, 1954). Estudou Filosofía e Ciencias da Educación en Compostela e exerceu como profesor de Xeografía e Historia en varios centros de secundaria e durante moitos anos no IES “Escolas Proval” de Nigrán, onde se xubilou. Militante nacionalista dende novo e activista cultural. Na década dos  noventa colaborou co IGADI. Fundou e dirixiu durante máis de tres lustros o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM). Ten publicados traballos sobre cuestións internacionais, historia contemporánea de Galicia e investigado sobre a persecución franquista no sur da provincia de Pontevedra. Colabora en diversos medios de prensa impresa e dixital. Reside dende hai anos en Gondomar, pero criouse e medrou no Carballiño onde reside a súa familia.


Artigos de Méixome Quinteiro, Carlos

Ondadas contra o Boi, por Carlos Méixome

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Paradiplomacia
Véxome, hai case trinta anos, nun despacho ordenado con meticulosa pulcritude, repousado nunha cómoda cadeira e derredor dunha mesa redonda, máis ampla e plural que unha simple mesa-camiña. Ás veces un lapsus de distracción ou un aquel de reflexión, orientan a miña ollada cara a luminosa xanela, tras da que se enxergan as vagas boureando no curuto rochoso sobre o que se empoleira o elegante  perfil da torre de non sabemos que príncipe.