marolapn

Padin Novas, Marola

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de Taiwán (Taipei).

Foi Investigador Visitante na Academia Chinesa de Ciencias Sociais a (CASS) e profesor visitante na Universidade Normal de Jiangsu. Colaboradora con diversos think tanks (Comunidade Atlántica) e en diferentes medios.


Artigos de Padin Novas, Marola

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

China a cabalo dunha nova etapa de consolidación internacional

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
No último ano, China consolidou a súa posición como un dos actores centrais do sistema internacional. A evolución da súa economía, a súa crecente influencia no chamado “Sur Global”, a rivalidade estratéxica con Estados Unidos e o seu papel nas institucións internacionais configuran un escenario dinámico para a gobernanza global. Neste contexto, o papel de China na política internacional durante os últimos tempos pode entenderse como o intento de equilibrar tres obxectivos: manter o crecemento económico, expandir a súa influencia xeopolítica e xestionar unha relación cada vez máis competitiva coas potencias occidentais.