Pastoriza Rozas, Xose Luis

Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Doutor en Filosofía e Máster en Desenvolvemento Local pola Universidade de Santiago de Compostela. MSc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Profesor no Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC. Traballou como técnico de proxectos na Coordinadora Galega de ONGD e como técnico de educación para o desenvolvemento na Fundación Entreculturas.

A pedimento da DXRREE e UE  da Xunta de Galicia foi o responsable da coordinación da avaliación intermedia do II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2010-2013), e responsable da súa avaliación final, así como da dinamización do procesos de planificación estratéxica que deron lugar ao III Plan Director da Cooperación Galega (2014-2017) e ao IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021). Dinamizou o proceso participativo de elaboración da Estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega en 2021 e participou na comisión redactora do Título VIII de cooperación para o desenvolvemento do Anteproxecto de Lei reguladora da Acción Exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Así mesmo, facilitou o proceso de planificación estratéxica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (2013-2016) e do I Plan Estratéxico (2021-2030) da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD). É socio da Rede Española de Estudios de Desenvolvemento (REEDES).


Artigos de Pastoriza Rozas, Xosé Luís

World Citizen: Salvador de Madariaga e as redes pioneiras do mundialismo

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Toda causa social polo ben común da Humanidade precisa de persoas, redes e institucións pioneiras que albiscan horizontes de esperanza en tempos borrascosos, pensan en alternativas de futuro e viven contracorrente. Velaquí a vida de Salvador de Madariaga entre 1927 e 1950, un período no que se entregou á causa do mundialismo. Unha etapa vital descoñecida para o grande público e que a propia memoria autobiográfica de Madariaga agochou entre as bambolinas do seu europeísmo...