serafinpazos

Pazos Vidal, Serafín

É coordinador da Liña de investigación na Unión Europea do IGADI. É Doutor en Unión Europea e foi Xefe da Oficina de Bruxelas e responsable da Política Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas. Actualmente é coordinador de proxectos da AEIDL, European association for innovation in local development.

Doutor en Unión Europea, Xefe da Oficina de Bruxelas e responsable the Política Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas.

Membro do Comité de Expertos de Subsidiariedade do Comité Europeo das Rexións, Coordenador do Grupo de Expertos de Cohesión do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) (2008-2018), Secretario dos membros escoceses do Comité das Rexións (2007-2020) e do Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa.  Relator técnico de varios Ditames do Comité das Rexións, Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa, Parlamento Europe, Parlamento Escocés e Parlamento Británico.  Membro da Comisión Institucional e de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega. Anteriormente traballou na Fundación Galicia Europa en Bruxelas e na Secretaría Xeral de Acción Exterior do Goberno Vasco, entre outros.   Columnista mensual en Galicia Confidencial e colaborador habitual de Luzes, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Agenda Pública de El País.

Como investigador académico é membro da Research Network on Cohesion Policy da Regional Studies Association,  colaborador habitual do Observatory of Local Authonomy (OLA), Grupo Democracia Y Autonomías: Sociedad y Política de la Universidade Pablo de Olavide; membro dos grupos de Paradiplomacia e axenda urbana da AECPA,  membro do Consello Social da Facultade de Políticas da Universidade de Padua. Ten traballado e publicado sobre todo en procesos de descentralización comparada, a gobernanza multinivel na UE, a Política Rexional europea e as axendas urbanas.  Autor do Libro Subsidiarity and EU Multilevel Governance Actors Networks and Agendas (Routledge, 2019).


Artigos de Pazos Vidal, Serafín

Aproximación a “Subsidiariedade e Gobernanza Multinivel na UE: Actores, Redes e Axendas”

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Paradiplomacia
Achegamos texto de Serafín Pazos Vidal no que presenta, en chave galega, o marco teórico e as principais ideas forzas do seu libro “Subsidiarity and EU Multilevel Governance: Actors Networks and Agendas “ (Routledge, 2019) que presentará na Charla “O Mundo Desde Aquí” na IGADI TV o próximo mércores 27 de xaneiro ás 20:30. A actividade ten …

Pazos Vidal, Serafín Ler máis »

A Lei de Acción Exterior de Galicia, un paso adiante, pero insuficiente

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Hai que dar a benvida a este proxecto de Lei de Acción Exterior que complementa o traballo previo de máis de 30 anos de acción exterior de Galicia e supón un paso adiante verbo das Estratexias Anteriores. Hai que resaltar o enfoque holístico, polo cal se entende a acción exterior de Galicia coma un fenómeno …

Pazos Vidal, Serafín Ler máis »