(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.
Reinero González, David
Lista Rede IGADI
Vinculacións Investigadorxs Asociadxs
As orixes do conflicto ivorense remóntanse a cinco anos atrás, cando un golpe de estado puxo fin a catro décadas de dominio do país por un partido único profrancés e deu paso a unhas eleccións gañadas polo actual presidente, Laurent Gbagbo, quen iniciou unha serie de reformas de carácter nacionalista e que, en última …
A principios deste mes de febreiro Ana Pastor e Luis Filipe Pereira, ministros de Sanidade de España e Portugal, respectivamente, asinaron no Pazo de Castrelos, en Vigo, un convenio que permitirá ofrecer ós cidadáns de ambos países unha atención sanitaria semellante con independencia da beira da fronteira na que se atopen. Coa posta en marcha …