davidreinero

Reinero González, David

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.


Artigos de Reinero González, David

O 'amigo' portugués de Feijóo

Apartados xeográficos Europa
O 29 de xaneiro do ano pasado o presidente da Xunta, o conservador Alberto Núñez Feijóo, era recibido no palacio lisboeta de São Bento, residencia do primeiro ministro portugués, polo socialista José Sócrates. Feijóo propúxolle ao Goberno luso naquel encontro, segundo relatou na súa comparecencia posterior en solitario ante a prensa galega, o impulso conxunto …

Reinero González, David Ler máis »