(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.

Reinero González, David
Lista Rede IGADI
Vinculacións Investigadorxs Asociadxs
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Tres meses despois do accidente ferroviario de Santiago de Compostela do pasado 24 de xullo que custou a vida de 79 pasaxeiros, pouco se fala xa del nos medios de comunicación internacionais. Non é unha cuestión menor que non haxa novas, xa que a suposta mala imaxe exterior que xeraban foi unha das principais preocupacións …
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A Unión Europea senta estes días as bases da nova reconversión que diversos sectores da economía galega deberán afrontar no que queda de década. Caerán os investimentos, pescarase menos e haberá que pasar de promesas a feitos no coidado ambiental das rías. Cambie Galicia ou obríguena a cambiar, os políticos coinciden en que as cousas …