davidreinero

Reinero González, David

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.


Artigos de Reinero González, David

Integrarse na lusofonía de costas a Portugal

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O debate sobre o estado da autonomía saldouse en materia de acción exterior cunha aparentemente contraditoria aposta en solitario do PP pola lusofonía sen achegarse máis a Portugal e coa acusación unánime de todo o Parlamento de Galicia contra Noruega de incumprir o Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

A cimeira do piche

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
160.000 euros foi o custo do resultado máis visible da XXVIII Cimeira Ibérica entre España e Portugal celebrada o luns en Baiona. Ese é o importe que gastaron o Concello de Baiona, a Deputación de Pontevedra e Paradores no asfaltado dos 700 metros da estrada de acceso á fortaleza de Monterreal na que se celebrou …

Reinero González, David Ler máis »