davidreinero

Reinero González, David

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.


Artigos de Reinero González, David

Angrois, ou como o respecto pola cidadanía fai Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Paradiplomacia
Para cando Jesús e Teresa interviron en Bruxelas ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, en España xa foran expulsados varias veces do Congreso dos Deputados, do Senado e do Parlamento de Galicia. Na Eurocámara, pola contra, a Jesús e Teresa deixóuselles mesmo proxectar un documental coas súas reivindicacións.

Menos mal que a culpa foi de Portugal

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Todos os gobernos se trabucan. Algúns rectifican, aínda que a maioría non o fan se a cidadanía non protesta. Pero para que poidan protestar, os afectados antes teñen que saber que o goberno vai tomar unha decisión que lles vai molestar. Canto máis tarde a cidadanía en saber desa decisión, máis tardará en protestar, e polo …

Reinero González, David Ler máis »