(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.

Reinero González, David
Lista Rede IGADI
Vinculacións Investigadorxs Asociadxs
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
A XXX Cimeira Ibérica, co debate aberto dun novo tratado que teña máis en conta á cidadanía da fronteira, permite constatar como Galicia e o Norte de Portugal acolleron xuntas menos reunións, oito, que a Meseta soa, dez.