davidreinero

Reinero González, David

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico Diario. Obtivo varios recoñecementos profesionais, entre eles o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense polo libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública, 2014). É autor de varios ensaios sobre acción exterior galega en diversas obras colectivas impulsadas polo Igadi ou a Fundación Plácido Castro.


Artigos de Reinero González, David

Un Alvia en Angrois, Fonte: CC-BY-SA Praza Pública

A UE desembarca no xuízo de Angrois: as institucións comunitarias como amparo da cidadanía

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea
O xoves 7 de xullo de 2016, case tres anos despois do accidente de Angrois, o máis grave nas últimas décadas en Europa, con 80 persoas mortas e 144 feridas, a investigación do sinistro mudou por completo. Aquel día a UE fixo público un informe da Axencia Ferroviaria Europea que invalidou a investigación técnica oficial …

Reinero González, David Ler máis »