Lista Rede IGADI
Vinculacións Colaboradores
~ Estudante coruñesa do segundo curso do grao en Relacións Internacionais na Universidade da Coruña (UDC). Interesada na política global, a diplomacia e a análise internacional, busca comprender como se conforma o mundo actual. Actualmente, os seus estudos están enfocados en ampliar o seu coñecemento sobre estes temas e en desenvolver unha perspectiva global que lle permita entender mellor as relacións entre países e os cambios no panorama internacional.
Artigos de Rey Villar, María

O poder brando (IV) Alén do xogo: o deporte como ferramenta de soft power
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nesta serie exploramos como os Estados empregan políticas culturais e comunicativas para construír unha imaxe positiva e gañar influencia nas relacións internacionais. Casos reais axudaranos a entender como este tipo de poder brando converteuse nunha estratexia global nos nosos tempos.

O poder brando (III) Gañar sen guerra: como o soft power desarmou a Guerra Fría
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nesta serie afondaremos no concepto de soft power ou poder brando. Exploraremos como os Estados empregan políticas culturais e comunicativas para construír unha imaxe positiva e gañar influencia nas relacións internacionais. Casos reais axudaranos a entender como este tipo de poder brando converteuse nunha estratexia global nos nosos tempos.

O poder brando (II): O imperio cultural de Xapón
Apartados xeográficos Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nesta serie afondaremos no concepto de soft power ou poder brando. Exploraremos como os Estados empregan políticas culturais e comunicativas para construír unha imaxe positiva e gañar influencia nas relacións internacionais. Casos reais axudaranos a entender como este tipo de poder brando converteuse nunha estratexia global nos nosos tempos

O poder brando (I): O péon do taboleiro xeopolítico no século XXI
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nesta serie afondaremos no concepto de soft power ou poder brando. Exploraremos como os Estados empregan políticas culturais e comunicativas para construír unha imaxe positiva e gañar influencia nas relacións internacionais. Casos reais axudaranos a entender como este tipo de poder brando converteuse nunha estratexia global nos nosos tempos.

O Club Europeo: Como conseguir ser membro e porque Ucraína aínda agarda a súa quenda
Liñas de investigación Unión Europea
Este artigo enmárcase nunha iniciativa conxunta entre o IGADI e o alumnado de segundo curso do Grao en Relacións Internacionais da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo. No marco desta actividade, o estudantado da materia “Institucións e Políticas da Unión Europea” no curso 2024/25 tivo a oportunidade de presentar entradas de blog sobre o tema “Ampliación da Unión Europea & Ucraína”. O IGADI seleccionou catro destas propostas para as publicar, atendendo a criterios de calidade, orixinalidade e adecuación á súa liña editorial. O propósito desta colaboración é achegar o alumnado á dinámica de traballo dun think tank, brindándolle unha plataforma para poder expresar os seus puntos de vista sobre cuestións clave das relacións internacionais contemporáneas e compartilas cun público máis amplo. Ademais, a iniciativa busca subliñar a importancia de pensarmos as relacións internacionais e o proceso de integración europea dende unha perspectiva galega, en sintonía co lema da UE: unida na diversidade.
