xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Logotipo do IGADI (versión azul)

35 anos pensando o mundo desde Galicia

O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) cumpre 35 anos. É un longo percorrido no que ten acreditado a súa condición de think tank especializado na análise internacional e na proxección exterior de Galicia. Tres décadas e media dedicadas a observar, interpretar e explicar as transformacións do mundo, pero tamén a defender esa idea que segue a ser plenamente actual de que Galicia necesita instrumentos propios para pensar o mundo e para pensarse a si mesma no mundo.

China no imaxinario literario galego contemporáneo

A presenza de China na literatura galega contemporánea é, en termos cuantitativos, modesta, pero resulta reveladora desde unha perspectiva cualitativa. Ao contrario do que acontece noutras tradicións literarias europeas, onde China foi construíndo un espazo propio no imaxinario literario desde o século XIX, a literatura galega apenas lle dedicou unha atención sostida. Cando aparece, faino adoito como espazo de alteridade, como escenario dunha experiencia viaxeira, como metáfora dunha transformación global ou, máis recentemente, como interlocutor dunha Galicia cada vez máis consciente da súa inserción internacional.

SAIC con C de Castedo

Galicia e China non comezan a coñecerse coa chegada dos investimentos do século XXI. Eses proxectos aséntanse sobre unha historia máis longa de curiosidade intelectual, respecto mutuo e cooperación. Hoxe, a memoria de José Castedo Carracedo (1914-1982) pode inspirar unha nova etapa na que a colaboración industrial e tecnolóxica se apoie tamén nun coñecemento recíproco máis profundo.

De Don Ramón a Don Plácido

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
As relacións entre Ramón Otero Pedrayo e Plácido Castro constitúen unha das mostras máis expresivas da fonda cohesión humana e intelectual que caracterizou o galeguismo histórico. Mantida ao longo de varias décadas, sobreviviu ás distancias físicas, ás dificultades políticas e ás circunstancias persoais, conservando sempre un fondo de admiración mutua e de amizade sincera que se manifesta tanto na correspondencia como nas dedicatorias que ambos se intercambiaron.

Facerlle a pelota a Trump

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Como o Nobel da Paz segue resistíndose, sempre aparece alguén disposto a cubrir o baleiro. Desta vez tocoulle á FIFA. O seu presidente, Gianni Infantino, decidiu distinguir a Donald Trump cun premio da paz, demostrando unha vez máis que, en determinados despachos, o servilismo institucional segue gozando de excelente saúde.
Peng Liyuan, Xi Jinping, Donald Trump e Melania Trump na entrada de Mar-a-Lago, abril de 2017

Que gaña China nesta guerra?

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
A China espántalle a inestabilidade. De Lao Zi a Confucio, pasando por Sun Zi, a guerra non só non é desexable, senón un recurso lamentable e excepcional. A sabedoría chinesa está inzada de advertencias directas, mesmo viscerais, contra o belicismo, configurando unha tradición estratéxica que sitúa a harmonía no cumio dunha orde social asentada na concordia como principio reitor do pensamento clásico.
Áreas residenciais en Sanandaj (Irán) Fonte: Tasnim News Agency

Irán en clave Tucídides

Apartados xeográficos Oriente Medio Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Son moitas as causas que se citan para intentar comprender as razóns que inspiran o ataque dos EEUU e Israel contra Irán. E resulta cada vez mais evidente que a angustia imperial estadounidense ante o temor á perda da hexemonía global fronte a China é a causa principal. Todos os camiños conducen a Beijing. Dende a disciplina hemisférica aplicada sen miramentos a América Latina ata Groenlandia pasando agora por Oriente Medio, a necesidade de frear a influencia do xigante oriental asoma como factor determinante.