ramiro

Rodríguez Bausero, Ramiro

(Montevideo, 1977) Doutor en Dereito e Ciencias Sociais (Avogado), Universidade da República, UDELAR, Uruguai (2006). Licenciado en Relacións Internacionais, UDELAR (1999). Máster en Política e Economía Internacionais, Universidade de San Andrés, Arxentina (2019). Membro da Cátedra de Historia das Relacións Internacionais, UDELAR, Uruguai. Técnico en Comercio Exterior (Asociación de Dirixentes de Marketing de Uruguai, Universidade da Empresa ADM-UDE).

Funcionario do Servizo Exterior de Uruguai (desde 2009). Profesor Colaborador, Universidade de Santiago de Compostela, USC. Membro do Comité de Dereito Internacional do Consello Uruguayo para as Relacións Internacionais, CURI.
Membro da Asociación Latinoamericana de Estudos de Asia e África, ALADAA.

Áreas de investigación académica: Historia das Relacións Internacionais; espazo euroasiático: Cáucaso, Asia Central, Oriente Medio ampliado, China (BRI, relacións con América Latina); comercio internacional, enerxía, loxística, xeopolítica, diplomacia económica.


Artigos de Rodríguez Bausero, Ramiro

Xi Jinping presentou a IGG no marco da cimeira da Organización de Cooperación de Shangai no mes de setembro do 2025, días antes da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

A Iniciativa de Gobernanza Global: China e a súa aposta por reformar o sistema multilateral “desde dentro”

Con afinado sentido da oportunidade, China completa neste setembro de 2025 a cuarta pata sobre a que sustenta a súa estratexia internacional: a Iniciativa de Gobernanza Global (IGG), “directriz fundamental para salvagardar os propósitos e principios da Carta da ONU”¹. Logo da difusión, a partir de 2021, das Iniciativas para o Desenvolvemento Global (IDG), para a Seguridade Global (ISG) e para a Civilización Global (ICG), a República Popular érguese como activa promotora da reforma do sistema multilateral.