Rdguez Miranda 02

Rodríguez Miranda, Antonio

Nado na Bola (Ourense) en 1967, é licenciado en Ciencias Biolóxicas con especialidade en Zooloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Desde decembro de 2012 exerce como secretario xeral de Emigración. Foi deputado en varias lexislaturas do Parlamento de Galicia e secretario do Partido Popular no Exterior. Ademais, foi voceiro do PPdeG entre 2009 e 2013, e concelleiro en Allariz de 1999 a 2012, onde tamén foi portavoz municipal dende 2001.


Artigos de Rodríguez Miranda, Antonio

Nós no Mundo 2024

O papel da emigración galega na proxección internacional de Galicia: Unha oportunidade desde os centros físicos á diplomacia dixital

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A historia de Galicia está intrinsecamente ligada á emigración. Durante finais do século XIX e ¾ do século XX, miles de galegos partiron cara a outros países en busca de oportunidades, levando con eles a súa cultura, tradicións e lingua, que ágora continúa no proceso de retorno a Galicia. Como Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, considero que esos nosos galegos do exterior son un activo fundamental para a proxección internacional de Galicia pero tamén para darlle unha realidade máis cosmopolita á sociedade galega, tanto a través dos centros físicos e o asociacionismo tradicional como mediante as redes e a diplomacia dixital.