Romanov, Oleksiy

Romanov, Oleksiy

Historiador e investigador centrado en cuestións ligadas á liberación nacional e social no século XX e na actualidade, especificamente en Alemaña, España, Catalunya, Ucraína, Bielarús, Lituania, Grecia, etc. En 1986 defendín a tese doutoral sobre movementos migratorios no interior e exterior de España en 1975-1985. Traballei como investigador no Instituto de problemas sociais e económicos do exterior da Academia Nacional de Ciencia de Ucraína, publicando artigos sobre traballadores migrantes, a cuestión nacional en Catalunya, minorías nacionais en Europa Occidental. Traballando no Instituto da historia de Ucraína da mesma Academia, dediqueime a investigar o pasado da comunidade grega en Ucraína e a súa relación coa súa patria histórica. Desde os anos 90 colabora co IGADI.


Artigos de Romanov, Oleksiy

Ucraína: ¿eleccións anticipadas?

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A pesar das protestas da oposición, que de feito bloqueou os traballos do pleno da Verkhovna Rada, a maioría propresidencial destituiu o 17 de decembro ao presidente do Banco Nacional de Ucraína, Stélmakh, e designou ao líder de "Ucraína Laboral", Serhiy Tyhypko, coma o seu sucesor. Dado que a oposicón imposibilitou a utilización do sistema …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: un ir e vir incombustible

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A pesar do illamento exterior ou, como mínimo, da manifesta reserva con que o tratan os partenaires occidentais a raíz do escándalo das grabacións feitas polo seu gardacostas hai dous anos e as acusacións de Washington de haber vendido presuntamente complexos antiradar a Iraq, o Presidente ucraíno Kuchma semella ter avanzado últimamente na consolidación das …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: O poder de Donetsk

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O 21 de novembro, o parlamento ucraíno elixiu ao gobernador da provincia de Donetsk, Víktor Yanukóvych, como novo primeiro ministro de Ucraína, a proposta do Presidente Kuchma. Por él votaron 234 dos 450 deputados e ningún en contra. ¿Razón? Toda a oposición "tanto de esquerda como de dereitas" boicoteou a sesión. Yanukóvych, nacido en 1950, …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: Kuchma se nega a ceder o poder

Apartados xeográficos ARQUIVO Europa
Nunha alocución televisada, o pasado sábado, o presidente ucraíno, Leonid Kuchma, declarou que non demitirá. Manifestou, iso si, o seu respecto polos cidadáns que saíron durante as últimas semanas á rúa para protestar contra a situación política actual. Dixo ademais que tiñan razóns para estar descontentos. Un recoñecemento inevitable, a pesar da súa manifesta intención …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: Kuchma no labirinto

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Na Ucraína non hai unha situación revolucionaria, dixo nunha rolda de prensa o 17 de setembro o primeiro ministro, Kínakh. Argumentou o feito de que a oposición non lograra concentrar o día anterior a millóns de partidarios baixo o lema "¡Érguete, Ucraína!", para forzar ao actual presidente ucraíno, Leonid Kuchma, a demitir. No acto central …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: lecturas políticas dunha catástrofe

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A celebración o 24 de agosto pasado do XI aniversario da independencia de Ucraína quebrou a tradición de facelo cunha pompa fóra de lugar nun país con tantos problemas de desenvolvemento. En concreto, o desfile militar non contou coa participación da aviación que debía facer penitencia da traxedia acontecida o 27 de xuño preto de …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína na OTAN: unha longa distancia a percorrer

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A integración euroatlántica de Ucraína non é ningunha novedade. Durante anos, o goberno de Kuchma incluiu esta aposta na denostada orientación multivectoral da política exterior do país: EE.UU. – Europa – Rusia/Comunidade de Estados (postsoviéticos) Independentes. Sen embargo, a resolución adoptada o 23 de maio nunha xuntanza do Consello da Seguridade e Defensa Nacional presidida …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína-UE: diálogo de novos veciños

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O 4 de xullo celebrouse en Copenhague o sexto cumio Ucraína – UE. Foi un acontecimento importante para Ucraína e para o seu Presidente, Leonid Kuchma, quen prácticamente non visitaba países de Occidente dende o escándalo da presunta implicación presidencial na desparición e o asasinato do periodista opositor, Gongadze, no ano 2000. O cumio non …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína no marasmo continuísta

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A finais de maio, o Secretario do Consello de Seguridade e Defensa de Ucraína, Marchuk, realizou unha sensacional declaración na que condicionaba o acercamento a Europa á aproximación ás estructuras do Tratado do Atlántico Norte. Parecía ser a fin da denostada política exterior en múltiples frontes, que iban cara Europa, EEUU e Rusia coa CEI, …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: a xente vaise...

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Segundo o Ministerio de Traballo e da Política Social de Ucraína, durante o 2001 oficialmente traballaron no exterior máis de 36.000 cidadáns ucraínos, e deles soamente 1.400 nos estados da antiga URSS, informaba recentemente a axencia de noticias Interfax-Ucraína. A maioría dos nosos emigrantes traballan en Grecia, no Reino Unido, Chipre, en Panamá (trátase de …

Romanov, Oleksiy Ler máis »