paula sabajanes 300x300 1

Sabajanes, Paula

Xornalista galega nacida en Bos Aires. Licenciada en Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especializada en Comunicación Institucional e de Crise. Realizou cursos posgrao en Comunicación e Xénero na Universidade de Bos Aires (UBA). Traballou no Gabinete de Comunicación do Presidente da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento, na Secretaría de Relacións Exteriores e coa UE do Goberno galego e integrou o equipo que puxo en marcha a primeira Delegación da Administración galega no exterior, onde dirixu o Gabinete de Comunicación. Colaboradora desde Arxentina para o xornal La Voz de Galicia, a Axencia EFE e o programa “Lambóns de Viaxe” da Radio Galega. Asistiu á Xunta directiva do Centro Galicia de Buenos Aires. Desempeñouse na Oficina de Comunicación da Embaixada de España en Buenos Aires e actualmente forma parte do equipo da Agregaduría de Defensa de España en Arxentina, Uruguai e Paraguai.


Artigos de Sabajanes, Paula

Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Exercicio de memoria colectiva e oportunidade de concretar a Galicia Ideal con máis dereitos e representación para os cidadáns de ultramar. Un mapa, un espello e un proxecto de nós. O Ano Castelao é, probablemente, un dos exercicios de memoria colectiva máis estimulantes que se nos teña presentado nos últimos tempos. É tamén un desafío […]