Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa.
É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de innovación en Galicia, na xestión e aplicación dos Fondos Europeos para o desenvolvemento rexional e na innovación tecnolóxica medioambiental.
Colabora co Grupo de Investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago de Compostela e co IGADI (Instituto Galego de Documentación Internacional). Forma parte do Consello de Redacción da Revista Tempo Exterior. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais e publicou libros e numerosos artigos en revistas científicas e técnicas, ademais de colaborar con diferentes medios de comunicación. Enderezo electrónico: dsande@igadi.gal
Autoría fotografía de Diego Sande: Jose A. Morandeira
Artigos de Sande Veiga, Diego

O Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ofrece ao IGADI a visión institucional sobre o desenvolvemento da Acción Exterior en Galicia

As relacións económicas e comerciais de Galicia cos países da CPLP
