Xurista bávaro nado en 1996. Director do IGADI e profesor axudante doutor de Dereito internacional público e Relacións internacionais na Universidade da Coruña. Doutor en Dereito pola mesma universidade, completou a súa formación nas universidades de Múnic, Verona, Passau e Santiago de Compostela. O seu traballo aborda o Dereito internacional contemporáneo desde unha perspectiva crítica, con especial atención ao patrimonio cultural, os dereitos humanos e ás organizacións internacionais, particularmente a UNESCO e a Unión Europea. Contacto: cschreinmoser@igadi.gal
Artigos de Schreinmoser, Christoph

MONDIACULT 2022: A cultura como un ben público mundial
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Cooperación Internacional e Axenda 2030
A semana pasada celebrouse en México un congreso internacional multilateral que, a pesar de pasar case desapercibido entre as noticias sobre outros eventos políticos de alcance global, é de maior importancia para o mundo e o sector da cultura. Convocada en conxunto pola UNESCO e o Estado latinoamericano, a Conferencia Mundial da UNESCO sobre Políticas Culturais e Desenvolvemento Sustentábel (ou MONDIACULT 2022) constitúe a maior conferencia a escala global no ámbito da cultura nos últimos corenta anos: do 28 ao 30 de setembro reuníronse na Cidade de México as delegacións de 150 Estados, 135 delas encabezadas polos seus respectivos ministras e ministros de cultura. 40 anos despois da primeira MONDIACULT (Cidade de México, 1982) e 24 anos após a Conferencia Intergobernamental sobre Políticas Culturais para o Desenvolvemento (Estocolmo, 1998), a MONDIACULT 2022 celébrase para reforzar a cooperación internacional fronte aos actuais e complexos desafíos da cultura, da diversidade das súas expresións e das sociedades multiculturais contemporáneas.

A invasión de Rusia en Ucraína: punto de inflexión histórico nas relacións xermano-rusas
Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A política exterior alemá para con Rusia encontrouse moitas veces ao longo dos últimos anos coa incomprensión tanto dos socios internacionais, como dos comentaristas nacionais. Foi cualificada de “inxenua”, no mellor dos casos, e de “inmoral e hipócrita”1, no peor. O mantemento de boas relacións coa Federación Rusa foi durante moito tempo unha prioridade na política exterior e de seguridade de Alemaña, como un elemento central para garantir a seguridade e cooperación en Europa.2 Porén, os e as responsables políticos alemáns non souberon adaptar a súa política aos recentes cambios xeopolíticos.
