Xurista bávaro nado en 1996. Director do IGADI e profesor axudante doutor de Dereito internacional público e Relacións internacionais na Universidade da Coruña. Doutor en Dereito pola mesma universidade, completou a súa formación nas universidades de Múnic, Verona, Passau e Santiago de Compostela. O seu traballo aborda o Dereito internacional contemporáneo desde unha perspectiva crítica, con especial atención ao patrimonio cultural, os dereitos humanos e ás organizacións internacionais, particularmente a UNESCO e a Unión Europea. Contacto: cschreinmoser@igadi.gal
Artigos de Schreinmoser, Christoph

Paz desigual: o plan de Trump perpetúa o colonialismo sobre Palestina
Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O pasado xoves, 9 de outubro de 2025, case dous anos despois do inicio da incursión militar de Israel en Gaza, Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo. Agardamos que este pacto poña fin ao xenocidio en curso e alivie, cando menos, o desastre humanitario na Faixa. É, sen dúbida, un paso necesario, mais só pode ser iso: o primeiro dun camiño que debería conducir a unha paz duradeira e xusta. Con todo, semella —ao noso ver— pouco probábel que o plan proposto polo presidente estadounidense Donald Trump, do que este alto o fogo sería apenas a primeira fase, poida conseguilo. Máis que un camiño cara á paz, o plan preséntase como unha nova capa na longa historia de sometemento colonial de Palestina. Vexamos por que.

Tres claves para comprendermos os resultados das eleccións alemás de 2025
Apartados xeográficos Europa
O pasado domingo, 23 de febreiro de 2025, a cidadanía alemá foi chamado ás urnas para elixir un novo Bundestag, após a disolución anticipada do parlamento federal polo Presidente Federal Steinmeier. Semella que os alemáns e as alemás tomaron moi en serio esta convocatoria para cumprir co seu deber democrático: arredor do 82,5 por cento das persoas con dereito a voto emitiron o seu sufraxio; a maior participación dende as eleccións de 1987. Se ben aínda é demasiado cedo para podermos analizar as consecuencias dos comicios en toda a súa profundidade e facetas, xa se poden extraer algunhas primeiras conclusións. Velaí tres chaves para comprendermos os resultados das eleccións alemás:
