Actualmente oficial de medios de comunicación globais para o Fondo Internacional para o Desenvolvemento Agrícola (FIDA) das Nacións Unidas, con sede en Roma, Italia. Alberto traballou como responsable de comunicación, promoción e informes da Organización para a Alimentación e a Agricultura das Nacións Unidas (FAO) en Afganistán desde (2021-2022). Anteriormente exerceu este como responsable de comunicación para a representación da FAO en Somalia (2019-2020). Antes destas experiencias sobre o terreo, realizara varias consultorías no eido da comunicación para a FAO na súa sede mundial en Roma (2014-2019). Traballou en temas de innovación agrícola, movementos sociais e ONG no ámbito da seguridade alimentaria, cooperación Sur-Sur, e investigación sobre a contribución dos pequenos agricultores á seguridade alimentaria. Licenciado en Xornalismo (Universidade de Santiago de Compostela), e con máster en Relacións Internacionais (Universidade CEU-San Pablo) e Xestión Internacional da Empresa (Universidade Internacional Menéndez Pelayo – como bolseiro de internacionalización ICEX), Alberto Trillo Barca está especializado en dirección de comunicación corporativa, xestión de relacións cos medios comunicación e comunicación de crise no contexto da axuda humanitaria. Posúe tamén un posgraduado de especialización en fotografía (Michigan State University).
Trillo Abarca, Alberto
Lista Rede IGADI
Vinculacións Investigadorxs Asociadxs
Apartados xeográficos Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Na historia recente de Afganistán, 2021 ocupará un lugar especial coa saída das tropas americanas e internacionais e a chegada ao poder dos talibán1 de novo. As imaxes de xente aferrada desesperadamente ao tren de aterraxe e despegue dun avión teñen visos de se converteren nunha icona histórica. Contarán a fin da ocupación estranxeira para uns; o fin da misión para outros.