Xose Veiras Garcia

Veiras García, Xosé

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago e diplomado especialista en sustentabilidade, ética ecolóxica e educación ambiental pola Universidade Politécnica de Valencia. Educador e consultor ambiental. Promotor do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI). Co-autor do libro Mapa ecosocial de Galicia (Catro Ventos Editora, 2019).


Artigos de Veiras García, Xosé

Acelerar a acción climática nunha década crítica

Apartados xeográficos Outros
No combate á crise climática estamos hai décadas instalados nun permanente “agora ou nunca”. Cómpre actuarmos “agora” para evitarmos un quecemento global agravado. Se a adopción en 1992 da Convención Marco da ONU sobre Cambio Climático tivese sido o comezo dunha vigorosa acción climática hoxe non estariamos a tentar non exceder o límite de 1,5ºC de aumento da temperatura media global con respecto á época preindustrial, senón outro ben inferior e menos prexudicial, pois cada décima de grao importa moito.