santiago veloso

Veloso Troncoso, Santiago

É profesor de Lingua e Literatura Galegas. Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Vigo e licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu clases en varios centros de primaria e secundaria en Galicia. A través da súa práctica docente, promoveu proxectos de innovación educativa no eido da comunicación audiovisual. É o creador e promotor da iniciativa de comunicación educativa Ponte…nas ondas! Unha iniciativa que comezou como un proxecto de comunicación interescolar a través de xornadas de comunicación entre Galicia e Portugal e que se conformou como unha asociación cultural e pedagóxica que promove o patrimonio común galego-portugués en todo o mundo. Desde 2022 Ponte…nas ondas! é ONG consultora para o Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO, a única entidade acreditada en Galicia.


Artigos de Veloso Troncoso, Santiago

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Ponte nas Ondas: Un modelo como proxección

Desde a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! vimos desenvolvendo desde hai tres décadas un labor constante de “re-transmisión” do noso patrimonio cultural ás novas xeracións, quer en Galicia como en Portugal. E facémolo tendendo pontes de entendemento a través do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, ese patrimonio que nos conecta con todo o mundo e do que somos o territorio de orixe.