vieites ceg

Vieites Baptista de Sousa, Juan Manuel

É doutor en C. C. Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Acumula máis de 40 anos de experiencia no sector de conservación de produtos da pesca e da acuicultura. Entre os cargos máis destacables que desempeñou, figuran o de presidente da Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (ATIGA), presidente de EUROTHON – organización europea que agrupa a toda a industria atunera comunitaria a nivel tanto de frota como de transformación – e membro do Consello de Administración da Asociación de Industrias da Pesca da UE (AIPCE), entre outros. Tras 31 anos como secretario xeral da patronal do sector da conserva ANFACO-CECOPESCA e como un dos interlocutores históricos do sector pesqueiro español, Juan Manuel Vieites deixa o cargo no mes de maio de 2020. En xaneiro de 2021 foi elixido presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), cargo que ostenta na actualidade, tras a súa reelección en 2025. Nesta etapa, combina a presidencia da CEG cunha activa participación en diversos consellos asesores de ámbito económico, industrial e empresarial, achegando a súa ampla experiencia na definición de estratexias e políticas de desenvolvemento.


Artigos de Vieites Baptista de Sousa, Juan Manuel

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable: a visión empresarial

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
A acción exterior de Galicia atópase nun momento decisivo. Nun contexto internacional caracterizado por inestabilidade xeopolítica, fragmentación de mercados e redefinición das regras do comercio global, a proxección exterior non é unha opción estratéxica, senón unha necesidade estrutural. Dende a perspectiva da Confederación de Empresarios de Galicia, cómpre realizar unha análise rigorosa do seu estado actual, identificar potencialidades e definir con claridade as liñas de mellora que permitan reforzar o seu impacto.