silueta

VV.AA., *


Artigos de VV.AA., *

O ODS 14 e o avance cara á regulación dos subsidios pesqueiros na OMC. Por Carlos Teijo, profesor de Dereito Internacional Público e da UE na USC

Apartados xeográficos Europa
As pesqueiras mundiais están en crise. Na actualidade, o 60 por cento das poboacións de peixes están plenamente explotadas e un 34 por cento están explotadas a niveis insostibles (FAO, State of World Fisheries, 2020). Unha boa parte desta situación deriva da deficiente xestión que fan os Estados costeiros das Zonas Económicas Exclusivas, de 200 …

VV.AA., * Ler máis »

Armenios e curdos fronte ao novo imperio otomán. Por Yashmina Shawki, escritora e historiadora especializada en Oriente Próximo

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
No complexo conglomerado étnico, racial e relixioso de Oriente Próximo en xeral e na rexión do Crecente Fértil e o antigo Levante en particular, destacan tres grupos humanos cuxos devanceiros xa ocupaban este territorio miles de anos antes de Cristo. Tres grupos humanos caracterizados por unha longa historia de invasións, ocupacións e xenocidios. Tres grupos …

VV.AA., * Ler máis »

Balance de situación 25 anos despois da Asociación Euro-Mediterránea. Por Jesús A. Núñez Villaverde, Codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH).

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nun contexto internacional moi diferente ao actual -definido pola pandemia da Covid-19, o declive dos Estados Unidos, o ascenso da China e o esgotamento dun marco institucional que se mostra incapaz de xestionar a desigual globalización que nos toca vivir- hai 25 anos púxose a marcha a Asociación Euro-Mediterránea. O seu obxectivo era nada menos …

VV.AA., * Ler máis »

De Venus a Jano: a UE nun mundo iliberal. Por Miguel Otero, Investigado principal do Real Instituto Elcano

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Os vinte anos de hiperglobalización que se deron dende 1989, coa caída do Muro de Berlín, ata 2008, coa caída de Lehman Brothers, foron relativamente bos para a Unión Europea. É certo que, en 2005, os franceses e os holandeses votaron en contra da Constitución Europea, e iso foi un duro golpe para as ambicións …

VV.AA., * Ler máis »

Trump: síntoma dun mundo en crise. Por Alfredo Iglesias, Doutor en Historia e profesor, discípulo de José Gibert.

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O mundo está en crise. Porén, a súa orixe non está na actual pandemia da Covid-19; nin sequera na quebra de Lehman Brothers no ano 2008, como consecuencia da crise dos créditos subprime. A crise vén de máis atrás. Efectivamente, de acordo co economista marxista Michael Roberts, que analizou a evolución da taxa de ganancia …

VV.AA., * Ler máis »

Parámetros para unha nova xeopolítica. Por Ignacio Ramonet, Escritor e Director de Le Monde Diplomatique.

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nestes 25 anos, o mundo cambiou moito. A xeopolítica das grandes potencias estivo case inmobilizada durante medio século, durante o que se chamou a “guerra fría”, entre o final da Segunda Guerra Mundial (1945) e o derrube da Unión Soviética (1991)… Pero nestas últimas dúas décadas e media, a historia volveuse a poñer en marcha, …

VV.AA., * Ler máis »

Apoyo a la inclusión de Taiwán en la red de salud pública mundial pos-covid19

Apartados xeográficos Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Desde que comenzó la pandemia de la covid-19, ha habido más de 40 millones de casos y más de un millón de muertes en todo el mundo. El virus ha tenido un impacto enorme en la política global, el empleo, la economía, el comercio y los sistemas financieros, y ha afectado significativamente a los esfuerzos …

VV.AA., * Ler máis »

Sen tradución non hai Acción exterior galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
A tradución non está restrinxida a unha suposta dualidade textual entre unha lingua de partida e unha lingua de chegada. Pois, como calquera comunicación, trátase dunha acción social e forman parte dela a súa recepción intencionada como produto da industria cultural, as editoriais, os produtos cinematográficos, a dobraxe, as intérpretes etc. Atinxe os ámbitos económico, …

VV.AA., * Ler máis »

O Brexit e a continuidade de Escocia, Irlanda e Gales no Reino Unido

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A maioría absoluta obtida polos neotories dirixidos polo premier Boris Johnson nas eleccións de decembro de 2019 permitiu a urxente aprobación da lei que, consensuada coas Autoridades da Unión Europea (UE), determinou a saída do Reino Unido (UK) da UE o 31 de xaneiro de 2020. Dende este intre ábrese un período transitorio até o …

VV.AA., * Ler máis »