Desde as Coleccións das nosas publicacións regulares e publicacións especiais, poderás dar unha volta ao mundo do pasado. Da caída do Muro de Berlín á caídas das Torres Xemelgas, da emerxencia chinesa e os Xogos Olímpicos de Beijing ou a crise económica global do 2008-2010, ao impulso e depresión da Unión Europea, da fallida Constitución europea ao Brexit, o mundo multipolar, a pandemia ou a guerra. O IGADI xa estaba aí cando aconteceu.
Como centro especializado en paradiplomacia, como campo de estudo e acción desde Galicia (cidadá, local, migrante, ecoloxista..) o IGADI impulsou nestes 31 anos o debate académico así como proxectos concretos para comprender e artellar as conexións do local co global desde Galicia.
Hoxe somos un centro de referencia arredor da Paradiplomacia en Europa, América, África ou Asia.
Para coñercer a evolución da sociedade internacional e o perfil internacional de Galicia nun mundo cada vez máis pequeno e interdependente, nada mellor que facerte unha Caixa 31 anos IGADI.
ESCOLLE SEIS TÍTULOS e recibe a Caixa 30 aniversario por 25€ gastos de envío incluídos:
- “Galicia e a Sociedade de Nacións”, de Xulio Ríos (1990) *Exclusivo Comunidade IGADI
- “Para ser nós no mundo. Unha política exterior para Galicia”, de Xulio Ríos (2012)
- Libros Homenaxe Xulio Ríos “Compromiso por unha Galicia universal”
- Colección Tempo Exterior
- Coleción Texturas Internacionais
- Colección IGADI Annual Report
- Colección Informe anual Nós No Mundo
- Colección Publicacións especiais IGADI (1991-2022)
- Colección Fundación Plácido Castro
Podes indicar no cadro de Observacións na finalización do pedido cales son as túas escollas ou o IGADI contactará contigo para pedir a lista.