ConveniosVolver ó índice
 
Protocolo de Colaboración Comunicación - Igadi
Protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
 
 

En Santiago de Compostela, na sede da Secretaría Xeral de Comunicación a 23 de febreiro de 2006.


Dunha parte Fernando Salgado García na súa calidade de secretario xeral de Comunicación, actuando en nome e representación da Xunta de Galicia, en virtude das facultades delegadas conferidas pola Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 27 de setembro de 2005, publicada no Diario Oficial de Galicia número 191 do día 4 de outubro.

E doutra banda Xúlio Ríos Paredes, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional –dende agora, IGADI–, con domicilio na Avenida Joselín, 7, Portal 3 4ºB-D, 36300-Baiona, institución incorporada ao Rexistro Central de Asociacións co nº 2004/007499-1.

Ámbolos dous comparecentes recoñécense reciprocamente capacidade e representación suficiente para o outorgamento do presente Protocolo de Colaboración e,


EXPOÑEN


Primeiro

O Decreto 231/2005 do 11 de agosto determina os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, entre os que figura a Secretaría Xeral de Comunicación.

Así, este órgano é o encargado da xestión das competencias da Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación social, así como o exercicio das recollidas nos artigos 34 e no artigo 27 número 31, no que se refire á publicidade, ámbolos dous do Estatuto de Autonomía de Galicia.


Segundo

Que o IGADI ten entre os seus obxectivos afondar no estudo dos problemas internacionais, cooperar con outros organismos e institucións para a realización de fins similares mediante a organización de actividades de sensibilización e información pública.


Terceiro

Que a Secretaría Xeral de Comunicación no ámbito das súas competencias está interesada en colaborar co IGADI no seu labor de difusión social, a través de Conferencias, Xornadas e outras actividades.

Dende este interese compartido, conveñen en establecer un Protocolo de Colaboración con arreglo ás seguintes:


CLÁUSULAS


Primeira

O obxecto do presente protocolo é establecer as liñas de traballo entre a Secretaría Xeral de Comunicación –a través do Club Internacional de Prensa de Galicia– e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI.


Segunda

A Secretaría Xeral de Comunicación considera manifesta a súa intención de colaborar na organización de Conferencias, Foros, Xornadas e outras actividades, entre o IGADI e o CIP.


Terceira

Que ámbolos organismos, IGADI e CIP, poderán levar a cabo a organización de Xornadas, Foros, Obradoiros, Cursos ou Cursiños, sen prexuízo da implicación doutras institucións ou entidades tanto de carácter público coma privado.


Cuarta

Que é intención da Secretaría Xeral de Comunicación contribuír economicamente na realización das actividades que se planeen, en función das necesidades que estas presenten puntualmente en cada unha delas.


Quinta

Este protocolo entrará en vigor ao día seguinte da súa sinatura e rematará o vindeiro 31 de decembro.


Sexta

Coa finalidade de avanzar no cumprimento deste protocolo, crearase unha comisión mixta de seguimento, de composición paritaria, que coordinará o seu desenvolvemento e resolverá as dúbidas que suscite a súa interpretación.


E, en proba de conformidade cos termos do protocolo, as partes comparecentes o asinan, por triplicado exemplar no lugar e data indicado no encabezamento.

Pola Secretaría Xeral de Comunicación, Polo IGADI,
Fernando Salgado García. Xulio Ríos Paredes.

 
Volver ó índice



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.gal

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/03/2006
Fernando Pol


Subir