Serie "A Acción Exterior das Comunidades Autónomas en España", Artigo 6
Madrid

A Acción Exterior da Comunidade de Madrid

Sendo este o sexto dos artigos publicados na nosa serie de paradiplomacia, parece que pouco a pouco imos conseguindo unha visión máis holística do que significa a acción exterior das comunidades autónomas españolas. Deste xeito, no presente escrito reorientamos o noso foco cara ao centro do país, a capital. Madrid, como xa aventuramos no artigo anterior, é o centro neurálxico da actividade do Estado. Nas súas rúas é habitual ver ministerios, coches oficiais a montóns e innumerables edificios gobernamentais, ¿será isto determinante para su acción exterior?
Liñas de investigación Paradiplomacy
Apartados xeográficos Foreign action of Galicia

En primero lugar é importante destacar que, xuridicamente, ademais do seu Estatuto de Autonomía, apenas existe normativa vinculada á acción exterior máis aló da Lei 1/2023, do 20 de febreiro, de cooperación para o desenvolvemento sostible e a solidariedade global e o Decreto 158/2018 que crea o Consello de Emigración e Retorno da Comunidade de Madrid e regula a protección dos madrileños residentes no estranxeiro.

No tocante ao tecido organizativo que supervisa e coordina esta área, atopamos diferentes niveis. Na parte superior da pirámide sitúase a Consellería de Presidencia, Xustiza e Administración Local, da que se deriva a Dirección Xeral de Cooperación co Estado e a Unión Europea, onde xa se aprecia a especificidade na materia e a coordinación xeral. Ao seu abeiro, a Subdirección Xeral de Cooperación co Estado, a Unión Europea e Acción Exterior céntrase na atención e apoio dos madrileños no exterior. E detrás hai sete delegacións diferentes: 1. A oficina da Comunidade de Madrid en Bruxelas, 2. A Dirección de Xestión Económica e Administrativa 3. Área de Acción Exterior e Relacións coa UE, 4. Área de Cooperación co Estado e Emigración, 5. Área de Proxectos Europeos, 6. Área de Control do Dereito Comunitario e 7. Centro de Documentación Europea. Tamén é importante destacar o papel que xogan outros actores como as Universidades, que no caso de Madrid destacan pola súa importancia a nivel internacional e polos innumerables programas que acollen neste sentido, e outras institucións como o Instituto Cervantes.

Con todo, a Comunidade de Madrid estrutura a súa acción exterior nas seguintes dimensións: 1. O ámbito económico, tratando de aumentar a resiliencia das empresas madrileñas no exterior, con proxectos como a Ventana única para a internacionalización, e a captación de financiamento estranxeiro a través de programas como “Investir en Madrid”; 2. A defensa do español, sendo Madrid o seu máximo expoñente, creou en 2021 a Oficina do Español, que se integraría finalmente (tras moita polémica) na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural dous anos despois; 3. A Unión Europea, a través da súa oficina en Bruxelas, da súa participación no Comité das Rexións e outras iniciativas como Europe Direct Madrid, EURES…: e 4. A Cooperación ao Desenvolvemento, tendo como epicentro o Plan Xeral de Cooperación para o Desenvolvemento da Comunidade de Madrid 2021-2024 e o Plan Anual de Cooperación para o Desenvolvemento da Comunidade de Madrid.

Así mesmo, a rexión ten presenza en diferentes organismos internacionais, especialmente no que se refire á dimensión europea a través do Consello de Ministros da Unión e do Comité das Rexións, entre outros. De igual forma, acolle as sedes de diversos organismos internacionais de recoñecido prestixio, feito que lle permite incrementar a vinculación e conectividade con estas institucións.

Ademais, tendo como punto de inflexión a Lei 2/2014, do 25 de marzo, de Acción e Servicio Exterior do Estado, non se observa nada reseñable máis aló dunha intensificación na conformación de relacións con outros entes rexionais. O que sí que cómpre destacar é a figura de Isabel Díaz Ayuso como modelo disruptivo co Goberno central no referente a coordinación da acción exterior. En reiteradas ocasións a presidenta da Comunidade de Madrid levou a cabo actividades e decisións que diferían e incluso eran contrarias as disposicións establecidas na citada lei estatal. Como por exemplo a reunión que mantivo con Milei sen previo aviso ao Goberno de Pedro Sánchez.

Deste xeito, Madrid atópase na actualidade nun punto bastante convulso da acción exterior tendo como principal protagonista a Ayuso. Porén, parece que lle queda todavía un camiño largo para a realización dunha estategia propia cunha maior coordinación co Goberno, feito que outras comunidades como o País Vasco xa desenrolaron. Non podemos esquecer tampouco que o feito de ser a capital do país e albergar tan importantes instituciones dalle un pulo bastante importante a este respecto. Haberá que ver si finalmente sabe aproveitalo ben.

Unha vez rematada a análise da acción exterior de Madrid, no seguinte artigo trasladarémonos á Cataluña, que é un dos puntos candentes da xeografía española en cuestións políticas, lingüísticas e culturais.