moscova edificio gazprom

A “enérxica” xeopolítica de Putin

Apartados xeográficos Russia ARCHIVE
Idiomas Galego
 Edificio compañía Gazprom en Moscova, clic para aumentar
A arma política de Putin chámase Gazprom, a estatal rusa do petróleo e o gas natural que move o 10% da economía dese país. Rusia forma parte dun selecto grupo que inclúe a Irán, Arabia Saudí, Iraq o Golfo Pérsico, o mar Caspio, Venezuela e México, como os principais depositarios das reservas mundiais de gas natural e petróleo. Neste sentido, a estatal Gazprom se converte nun eficaz e temible instrumento político de presión para o Kremlin, na obtención de ganancias xeopolíticas nos seus países veciños e nos principais mercados enerxéticos.
 

Cortes de subministro a Ucraína, voadura dun gasoducto en Xeorxia, que provocou unha crise de abastecemento no Cáucaso, tensións nucleares con Irán… O mercado petroleiro e gasífero amosa sinais de inquietude, afondadas pola calculada utilización da "arma petroleira" como elemento eficaz na construción de imperativos xeopolíticos para unha determinada potencia. Obviamente, este panorama ten unha gran influencia na vulnerabilidade enerxética de EEUU e Europa occidental.

Esta "realpolitik" enerxética semella ser a potencialidade da Rusia de Vladímir Putin. O 2005 evidenciou a consolidación interna do sistema de poder deseñado polo ex axente da KGB, hoxe convertido no novo amo do Kremlin. En política exterior, a nova diplomacia moscovita centrouse na necesidade de recuperar as influenzas no espazo euroasiático e ex soviético, especialmente dende o Cáucaso ata Asia Central, coa finalidade de diminuír a presenza militar estadounidense tralo 11-S e a guerra de Afganistán e a crecente activación de China como principal actor na nova edición do "gran xogo" centroasiático.

Neste sentido, a arma política de Putin chámase Gazprom, a estatal rusa do petróleo e o gas natural que move o 10% da economía dese país. Rusia forma parte dun selecto grupo que inclúe a Irán, Arabia Saudí, Iraq o Golfo Pérsico, o mar Caspio, Venezuela e México, como os principais depositarios das reservas mundiais de gas natural e petróleo. Neste sentido, a estatal Gazprom se converte nun eficaz e temible instrumento político de presión para o Kremlin, na obtención de ganancias xeopolíticas nos seus países veciños e nos principais mercados enerxéticos.

O seu espazo xeopolítico de acción asenta na rexión do mar Caspio, principalmente cara países como Kazajstán, Uzbekistán e Turkmenistán. Mentres a guerra enerxética entre Rusia e Ucraína transitaba polos canais da negociación, Gazprom conseguía un aval do goberno de Turkmenistán para comprar practicamente toda a produción exportable de gas natural dese país para o 2006. O Kremlin tamén acentuou a súa influenza política en Uzbekistán e Tadxikistán, afastando o cerco militar estadounidense dende Afganistán. O xigante Kazajstán está a volver a negociar con Moscova un novo tipo de relación, baseada nos imperativos enerxéticos.

Ao mesmo tempo que apertaba a Kiev na consecución dun novo prezo para a compra do gas natural, Moscova reforzaba o subministro petroleiro cara un aliado como Belarús, cuxo presidente Aleksandar Lukashenko espera revalidar a súa presidencia en marzo ao mesmo tempo que as empresas enerxéticas bielorrusas aceptaran someterse ao monopolio ruso. O acoso cara Ucraína, unha perda xeopolítica sensible para Moscova trala "revolución laranxa" de decembro de 2004, constitúe tamén un peón mais no taboleiro xeopolítico ruso, tomando en conta as dificultades internas do goberno de Viktor Yushenko e a proximidade das eleccións lexislativas ucraínas de marzo próximo.

A recente crise do subministro de gas natural provocada pola explosión dun gasoducto na fronteira rusa con Xeorxia e as implicacións que isto ten para a comercialización do cru no actual e inclemente inverno en países carentes de subministro enerxético como Armenia e Xeorxia, é unha mostra da vulnerabilidade rexional e a potencialidade rusa como actor primordial do subministro para estes países, a tal punto que pódese estar constituíndo un escenario rexional dependente das intencións moscovitas. É por iso que esta crise entre Rusia e Xeorxia ten elementos semellantes á ocorrida a principios de ano entre Moscova e Kiev.

A orientación pro-occidental de Xeorxia, tralo triunfo da "revolución de veludo" de Mikhail Saakashvilii a finais de 2003, e a activación no 2005 do oleoduto BTC, entre Bakú, capital azerí; Tbilisi, capital xeorxiana; e o porto turco mediterráneo de Ceyhan, para transportar petróleo e gas natural a Europa occidental evitando pasar por Rusia, levantou as inquietudes do Kremlin. A ofensiva de Gazprom foi a apertura, en decembro pasado, dunha rede de oleodutos que transitan do mar Báltico a Alemaña, nomeando ao ex chanceler alemá Gerhard Schröeder como director dun proxecto enerxético que espera facer de Rusia o principal subministrador de enerxía á Unión Europea para o 2010.

A crise iraniana é outro apartado da estratexia de Putin. Se ben coopera con EEUU, a Unión Europea e a ONU na busca dunha resolución unitaria á crise nuclear con Irán, o presidente ruso labra unha paciente política conxunta con China que busca evitar sancións o accións punitivas contra un socio enerxético tan importante como Irán. Ante o acoso diplomático e político occidental, en Moscova e Beijing semellan apostar polo diálogo con Teherán.

En Europa occidental critican a Putin polo seu presunto autoritarismo e as violacións de dereitos humanos en Chechenia. As ONGs estranxeiras de dereitos humanos acaban de recibir un duro golpe legal por parte do Parlamento ruso, o cal limita severamente a actuación destas organizacións neste país. Actualmente, se está a desenvolver unha crise diplomática entre Londres e Moscova, trala acusación do Kremlin de que diplomático británicos financiaron ONGs rusas e intentaron facerse con secretos de Estado. Todo este panorama acrecenta a estratexia de Putin e a súa táctica, sostida e baseada en factores enerxéticos. Polo tanto, ¿estamos na apertura dunha nova "guerra fría"?