A sepultura siria

A traxedia de Siria, traducida na falaz ilusión establecida pola incertezas dunha Primavera árabe esgotada pola atomización política, sectaria e relixiosa, polos intereses foráneos e pola incapacidade occidental á hora de impulsar solucións diplomáticas, ofrece agora un desolador panorama condicionado polo incesante drama humanitario e a destrución física e do tecido social sirio. Este escenario abre un paréntese desalentador, con serias consecuencias para a xeopolítica rexional.

Apartados xeográficos Middle East
Palabras chave Siria Oriente Medio Guerra
Idiomas Galego

A traxedia de Siria, traducida na falaz ilusión establecida pola incertezas dunha Primavera árabe esgotada pola atomización política, sectaria e relixiosa, polos intereses foráneos e pola incapacidade occidental á hora de impulsar solucións diplomáticas, ofrece agora un desolador panorama condicionado polo incesante drama humanitario e a destrución física e do tecido social sirio. Este escenario abre un paréntese desalentador, con serias consecuencias para a xeopolítica rexional.

En clara contraposición co que sucedeu coas caídas de Mubarak, Saleh ou Gadafi ao carón dos cambios políticos no mundo árabe, a estrutura de poder establecida en Damasco, así como o decidido apoio de aliados externos (particularmente Rusia), permitiulle o réxime de Bashar al Asad acadar un notable nivel de supervivencia,  fortalecido ó mesmo tempo polas tensións dunha oposición dividida e amorfa, unicamente alentada por intereses externos (especificamente Turquía, Arabia Saudita e Catar) e polarizada pola inoperancia occidental, en particular de EUA.

Este aspecto repercutiu notablemente na errática posición de Washington á hora de afrontar a crise siria. Diluíndose entre a indiferenza e as contrariadas presións por dar curso a unha eventual intervención “lexitimada” polo polémico concepto da responsabilidade de protexer, a escasa convicción da administración Obama en Siria, paralelamente determinada pola súa tácita venalidade á hora de observar a intervención indirecta de actores externos en apoio aos rebeldes sirios, intensificou aínda mais a incapacidade exterior para concretar unha solución diplomática.

Esta percepción compleméntase coa notable degradación da atención por parte de Obama cara Oriente Medio, no cometido por focalizar a prioridade do “pivote” de Asia-Pacífico. Con iso, a crise siria denota igualmente a ambigüidade occidental á hora de reaccionar e pulsar os cambios políticos que desde 2011 acontecen no mundo árabe, unha ambigüidade que viuse subitamente alterada pola intervención militar en Libia (2011) e pol tácito apoio estadounidense ao golpe militar exipcio (xullo de 2013).

No caso sirio, Washington evitou reproducir unha intervención militar como a acaecida en Libia probablemente persuadido polos escasos apoios que esta estratexia tería entre os seus aliados (principalmente europeos) e ante os riscos por abrir unha crise de maior calado con Rusia, tomando en conta que o Kremlin sentiuse “enganado” e contrariado pola intervención da OTAN en Libia. Así, a posición máis “coherente” de Washington na crise siria foi a de esperar por unha eventual caída do réxime de Bashar al Asad, en aras de reproducir a “teoría do dominó” establecido coa caída doutras autocracias árabes. Estratexia visiblemente fracasada tomando en conta a recuperación de posicións e o control do poder por parte do réxime sirio, exemplificado coa recente “recuperación” de Homs, centro neurálxico da rebelión contra Bashar al Asad.

Con todo, e alén dos intereses xeopolíticos, o drama sirio denota unha traxedia humanitaria establecida por máis de dous millóns de refuxiados espallados a súa sorte en países como Líbano, Xordania e Turquía. Como unha especie de reprodución e confección dunha diáspora tanxencialmente similar á palestina ou a curda, os refuxiados sirios moi probablemente converteranse nun problema demográfico, humanitario e ata xeopolítico dentro do proceso de reconfiguración de eventuais novos espazos políticos e territoriais en Oriente Medio.

Paralelamente, a guerra civil siria reactivou problemas crónicos aparentemente “adormecidos”, como é o caso das reivindicacións independentistas do Curdistán, así como fortaleceu a creación de novos grupos “yihadistas” salafistas cunha maior incidencia rexional, como é o caso do Exército Islámico do Levante e Iraq, revitalizando así ás células rexionais da rede Al Qaeda.

Para un sector importante da opinión pública, a crise siria certificaría a paulatina  perda de hexemonía por parte de Washington. Do mesmo xeito, a súbita solución diplomática rusa (setembro de 2013), orientada a evitar unha unilateral intervención militar estadounidense, anunciaría o eventual “revival” do Kremlin dentro da xeopolítica global, aspecto que actualmente se observa en Ucraína e Crimea.

Como efecto colateral non necesariamente circunscrito á crise siria, Washington espera abrir unha nova canle de relación con Irán (tradicional aliado rexional do réxime de Bashar al Asad), a fin de tentar deseñar unha nova estratexia xeopolítica en Oriente Medio. Pero dificilmente esta perspectiva lle permita “exorcizar” as súas responsabilidades, así como as doutras potencias e actores, na particular traxedia de Siria.