Unha análise de Yuri Fraccaroli (Graduando en Gestão de Políticas Públicas pola Universidade de São Paulo) e Lucas Aidar dos Anjos (Bacharel en Direito pola Pontifícia Universidade Católica PUC/ São Paulo)

Brasil: fin de ciclo para Dilma

a)      Introdución

Conforme se noticia na prensa mundial, atópase en curso no Brasil un proceso que pode levar ao impeachment da presidenta da república Dilma Rousseff, elixida en 2014 para un segundo mandato, o cuarto consecutivo de seu partido, o Partido dos Traballadores (PT). Coa aprobación do parecer favorable elaborado pola comisión especial do impeachment en votación do día 11 de Abril, iniciouse o pasado 15 o proceso de avaliación na Cámara dos Deputados que se alongou ata o 17 de abril, en ritmo sen precedentes, que definiu o proseguimento do pedido de impeachment para o Senado Federal, ente responsábel polo xuízo de “crime de responsabilidade” por parte da líder máxima do Poder Executivo, segundo entendemento do Supremo Tribunal Federal (STF). Para que iso fora posible, a oposición necesitaba de dous terzos dos votos da Cámara dos Deputados, conforme prevé o artigo 51 da Constitución Brasileira. O resultado final foi de 367 votos favorables contra 137 contrarios ao pedido de impeachment.

Liñas de investigación Gallician Observatory of Lusophony
Apartados xeográficos Latin America
Idiomas Galego

a)      Introdución

Conforme se noticia na prensa mundial, atópase en curso no Brasil un proceso que pode levar ao impeachment da presidenta da república Dilma Rousseff, elixida en 2014 para un segundo mandato, o cuarto consecutivo de seu partido, o Partido dos Traballadores (PT). Coa aprobación do parecer favorable elaborado pola comisión especial do impeachment en votación do día 11 de Abril, iniciouse o pasado 15 o proceso de avaliación na Cámara dos Deputados que se alongou ata o 17 de abril, en ritmo sen precedentes, que definiu o proseguimento do pedido de impeachment para o Senado Federal, ente responsábel polo xuízo de “crime de responsabilidade” por parte da líder máxima do Poder Executivo, segundo entendemento do Supremo Tribunal Federal (STF). Para que iso fora posible, a oposición necesitaba de dous terzos dos votos da Cámara dos Deputados, conforme prevé o artigo 51 da Constitución Brasileira. O resultado final foi de 367 votos favorables contra 137 contrarios ao pedido de impeachment.

Aínda que a posibilidade de impeachment estea prevista no sistema legal brasileiro e que calquera cidadán teña o dereito de presentar denuncia á Cámara dos Deputados, cabe destacar que este é apenas o segundo proceso de impeachment efectivamente desencadeado desde a redemocratización brasileira acaecida na década de 1980, e aínda que as actuais acusacións e defensas neste proceso sexan altamente demarcadas polos contidos xurídico e legal, é importante resaltar o seu compoñente estritamente político. Ilustran esta situación os datos da Cámara dos Deputados, que sinalan que desde 1990 foron máis de 130 pedidos de impeachment sometidos á apreciación do presidente da Cámara, que ten a prerrogativa de aceptalo ou non. Desta forma, é evidente non só a relevancia de Eduardo Cunha (Partido do Movemento Democrático Brasileiro, PMDB), presidente da Cámara dos Deputados e tamén envolvido no esquema de corrupción da operación Lava-Jato na rapidez e efectividade de todo este proceso, pero tamén de todo un contexto político, social e mediático que favoreceu e favorece o proseguimento deste proceso.

Neste sentido, a posibilidade real dun impeachment en Brasil representa un símbolo dunha grave crise económica que o país atravesa e dun esgotamento do sistema político, con reflexos institucionais importantes e que xeran preocupación. Se as rúas en xuño de 2013 xa demostraran un sentimento de descontento  xeralizado co actual sistema político, o avance dunha crise económica sumado á descuberta dun gran escándalo de corrupción, mais alá de colocar en risco a supervivencia dun goberno electo por estreita marxe, tamén supón desconfianza dos brasileiros en relación á capacidade de todo o sistema representativo de ofrecer solucións para os maiores problemas do país.

Este análise ten como obxectivo aproximar unha explicación do pedido do impeachment e súa tramitación, coa clara consideración de súa relación coas condicións económicas e políticas que fixeron posible este panorama, aínda que o seu futuro escenario aínda sexa imprevisible.

b)      O pedido de impeachment e as súas regras de tramitación

O actual pedido de impeachment, interposto polos xuristas Hélio Bicudo, Miguel Reale Junior e Janaína Conceição Paschoal e apoiado inicialmente polos principais partidos da oposición, ten como principal fundamento o que se deu en denominar como “pedaladas fiscais”. Trátanse, basicamente, de atrasos nos repases do Tesouro Nacional á bancos públicos para o pago de programas e políticas intermediados por estes últimos, pero custeados pola Unión Federal. Os atrasos, na visión dos signatarios, configurarían, na práctica, préstamos ilegais dos bancos públicos á Union, e por tanto unha afronta ao ordenamento xurídico.

Estes atrasos foron parte das medidas do goberno para sustentar as súas políticas en medio dunha desaceleración económica e recaudatoria. O goberno Rousseff pasou a adoptar medidas económicas controvertidas para o medio empresarial a partir de 2012, como parte dunha estratexia de combate aos efectos da crise económica mundial([1]).

O pedido de impeachment foi aceptado por Cunha o pasado 2 de decembro de 2015, como estratexia para recuperar apoio da oposición nun momento en que seu nome era envolvido na operación Lava Jato, e a casación do seu mandato era plausible, resultando claro o compoñente política desta decisión.

Un aspecto importante a ser resaltado, previo á análise da votación, é a propia discusión das regras para a tramitación do impeachment. En oposición á decisión de Cunha, o Supremo Tribunal Federal (STF) decidiu o 17 de decembro de 2015, a invalidade do modelo proposto por Cunha para o traballo e composición da Comisión Especial do impeachment, e definiu algunhas regras importantes como a competencia do Senado Federal para decidir se instaura ou non o proceso de impeachment, determinado a partir de maiorías simples e que así conduciría ao afastamento temporal de Dilma por 180 días ata a conclusión do xuízo. Percíbese, por tanto, unha alta xudicialización da cuestión, resultando que a propia Avogacía Xeral da Unión formulou un pedido de anulación da votación do pasado 17 de abril, que foi negado polo STF, que entende que a contestación do proceso é posible  posteriormente á análise do Congreso. Na semana pasada, a discusión centrouse na orde de votación, onde se recorreu unha vez máis ao xudiciario.

Na noite do luns 18 de abril, foi divulgado que Ricardo Lewandowski, presidente do STF, e Renan Calheiros (PMDB-AL), presidente do Senado Federal, comporán un script dos próximos pasos do impeachment que será elaborado polas asesorías xurídicas do STF e do Senado, e logo votado por sesión do STF en relación á súa conformidade co ordenamento legal.

Entre tanto, máis alá das pretensións dos actores envolvidos e as cuestións técnicas, considerando o claro vise político, é necesario entender o camiño percorrido polo goberno que resultou neste contexto política e socialmente favorable  á tramitación deste tema.

c)      As orixes políticas do proceso de impeachment

Desde o ámbito político, Rousseff herdou unha ampla coalición partidaria do seu antecesor e mentor, Luis Inácio Lula da Silva (PT). Esta coalición, que contaba con máis de 10 partidos e aproximadamente 2/3 do Congreso Nacional, era, en grande medida, afastada ideoloxicamente do PT, o que demandaba grandes esforzos para a manutención da chamada “base aliada”.

O maior partido da coalición, excluído o PT, era o Partido do Movemento Democrático Brasileiro (PMDB), coñecido pola súa heteroxeneidade e o seu governismo([2]), e cuxo presidente, Michel Temer, é igualmente vice presidente do goberno de Rousseff. Ademais da vice presidencia, o PMDB ocupa as presidencias na Cámara dos Deputados e no Senado da República, respectivamente, con Eduardo Cunha e Renan Calheiros.

Se Rousseff xa era coñecida pola súa inhabilidade no mantemento desta base mentres mantiña alta popularidade, o cadro se agravou a partir das manifestación de xuño([3]) de 2013, que impuxo unha gran presión no goberno federal en relación á mellora dos servizos públicos, e máis profundamente, á propia capacidade de resposta do sistema representativo ás demandas sociais([4])

É neste contexto de grande inestabilidade política e económica, que o goberno chega á disputa presidencial de 2014. Aínda no primeiro semestre deste ano, o escenario que xa era complicado, empeorou co xurdimento de investigacións dun gran esquema de corrupción nas compras e contratacións da estatal petrolífera, Petrobras, a maior empresa do Brasil, co avance da operación Lava Jato, conducida polo xuíz Sergio Moro da Xustiza Federal do estado de Paraná. En disputa moito acirrada, foi esencial o apoio de grupos de esquerda, movementos sociais e a militancia do PT para que Rousseff vencera na segunda volta co 51,65% dos votos, cerca de 3,4 millóns a máis de electores que seu adversario, o candidato Aécio Neves (Partido da Social Democracia Brasileira/Minas Gerais, PSDB/MG).

A coalición derrotada nas urnas cuestionou os resultados das eleccións, acatándoos despois da apertura total dos datos pola Xustiza Electoral Brasileira, e a partir de entón, pasou a facer oposición agresiva ao goberno, cuestionando a súa capacidade de conducir o país, valéndose do capital electoral herdado. Por outro lado, aínda que Rousseff no seu discurso de vitoria tiña asumido erros e comprometeuse cos grupos que a elixiron, os seus primeiros actos no segundo mandato xa demostraron o contrario. A composición do seu gabinete ministerial, sobre todo, na vertente económica, co Joaquim Levy, que representaba o modelo de axuste económico defendido pola oposición no proceso electoral, afectaron á súa lexitimidade, resultando nun cadro de estelionato electoral, recoñecido polo propio ex presidente Lula.

Como se non bastase o xa complicado escenario político e económico,o PT tamén perdeu a elección para a presidencia da Cámara, e a partir de entón ficou sen ningún cargo na Mesa Directora, sufrindo os impactos resultantes da estratexia de campaña e maiores problemas co PMDB. A actuación anti-goberno de Eduardo Cunha, presidente electo, foi crucial tanto para o estoupar da gobernabilidade de Dilma, como das relacións entre o PT e o PMDB, que xa eran complicadas.

Fóra da propia inhabilidade de Dilma e os problemas coa súa base, a situación económica en conxunto, coas manifestacións en favor do afastamento da presidente, o investimento pesado de entidades empresariais en sentido pro-impeachment, o baleiramento ilegal de conversas privadas entre os dirixentes do PT por parte de Sergio Moro, a presión das forzas do mercado e tamén dunha explotación intensa anti-PT por parte da prensa([5]), resultou nunha excelente xanela de oportunidade para outros partidos descolárense do PT e efectuaren o impeachment. Neste contexto, mesmo co intento de resolver a situación coa contestada chegada de Lula ao Ministerio da Casa Civil, o xa esperado desembarque do goberno por parte do PMDB ocorreu e Michel Temer pasou a posicionarse como postulante á cadeira da presidencia, conforme ficou claro en baleiramento de audio de 12 minutos polas redes sociais, no cal o vice presidente efectuaba un discurso como se fose presidente en exercicio.

d)      Sobre a votación e os próximos pasos posibles

Os momentos que antecederon á votación na Cámara de Deputados foron demarcados por fortes negociacións por parte do goberno e de Temer cos deputados aínda indecisos, con reunións e encontros no Palacio do Jaburu, casa oficial da vice presidencia, e por outra banda no Palacio do Planalto e no cuartel xeral montado por Lula no hotel Royal Tulip en Brasilia. Antes da votación, ambas posicións demostraban seguridade en relación coa cantidade de votos necesarios. Entre tanto, o goberno perdeu unha serie de votos de ultima hora, por parte de partidos como Partido Democrático Trabalhista (PDT), Partido da República (PR), Partido Progresista (PP) e o Partido Social Democrático (PSD).

Nos discursos realizados polos deputados en contra do pedido de impeachment, as ideas máis presentes foron as de “golpe constitucional” e a “defensa da democracia”, con mención ás memorias dos denominados “anos de chumbo no Brasil”([6]). Por outra banda, os deputados da extrema dereita chegaron inclusive a homenaxear o torturado Carlos Alberto Brilhante Ultra, o ex xefe do órgano de represión máximo do Estado de São Paulo. Nos votos pro-impeachment, aínda que se esperasen críticas ao tema en cuestión, que no caso sería o propio crime de responsabilidade, o que se escoitou foron defensas aos valores de Deus, da familia tradicional, da dignidade, demostrando un propio incómodo simbólico co actual goberno. Houbo inclusive unha dura discusión entre os deputados de Río de Janeiro Jair Bolsonaro (Partido Social Cristão, PSC) e Jean Willys (Partido Socialismo e Liberdade, PSOL), que durante o seu voto foi hostilizado polo propio Bolsonaro, respondendo cunha esculpida en súa cara. Destaque tamén ao voto do Presidente da Cámara, Eduardo Cunha, que soamente dixo “que Deus teña misericordia desta nación”.

O luns 18 de abril amañeceu como unha incógnita na vida política brasileira. Gobernistas xa sinalan que irán contestar as decisións no STF, medios de comunicación ventilan a información de que a Cámara concedería amnistía á Cunha en resposta a súa actuación no proceso, e inclusive xa se fala no Senado dunha proposta de eleccións presidencias para este mes de outubro, en conxunto coas eleccións locais. O goberno reitera que este apenas é o comezo do proceso, aínda que sexa consciente de que dificilmente vencerá no Senado. Ademais, o luns 18 pola mañá tamén foi aberta unha investigación na Policía Federal, en resposta a determinación do Ministerio da Xustiza, para apurar a compra de votos.

Deste xeito, a situación camiña para un afastamento temporal de Dilma durante o seu xuízo, e a presidencia interina de Michel Temer, con Eduardo Cunha como o seu vice presidente. Líderes do PSDB xa amosáronse contrarios á ocupación de cargos nun posible goberno de Temer. Aínda que sexa necesario esperar e que poucas afirmacións poidan ser feitas, caso se efectúe esta mudanza, é de esperarse unha gran mudanza na xestión da economía, en particular ante o curte de programas sociais, unha mudanza nas regras de explotación do Pré-Sal([7]) e os propios rumbos da política internacional, cun posible enfraquecemento do MERCOSUR e doutras accións de integración e unión a nivel rexional([8])

Por outra banda, o peso popular é unha gran incógnita. Como rexerán os grupos que ocupan as rúas “en contra á corrupción” no caso dunha presidencia de Temer e Cunha?([9]) Cal serán as estratexias dos grupos de esquerda que pasan cada vez máis a defender este goberno, a despeito de todas as súas diferenzas? Brasil vive, unha vez  máis, un escenario imprevisible e preocupante non só en termos políticos senón tamén económicos, fronte a letarxia que acomete o goberno.

---------

 

([1]) Redución de tributos para sectores específicos, redución de tarifas de enerxía eléctrica, intentos de diminución de marxe de lucros de concesionarias de servizos públicos e redución acelerada das taxas de xuízos para consumidores. Alén diso, a valorización da moeda nacional, o Real, fronte ao dólar foi utilizada como contrapeso para conter a subida da inflación. O conxunto de medidas sufriu críticas de actores económicos e de grupos sociais: medios empresariais e mediáticos apuntaban un contexto de inseguridade e incerteza xerados polas características da intervención estatal na economía; xa os economistas criticaron a valorización excesiva do Real e a falta de medidas abranxentes e coherentes para o estímulo da industria nacional.

([2]) O PMDB foi aliado de Fernando Henrique Cardoso, Luís Inácio Lula da Silva e Dilma Vana Rousseff.

([3]) A súa aprobación caeu da taxa de 60% para o 30% neste mes, e nunca máis retornou a níveis iguais ou superiores a 50. Polo contrario, o seu rexeite, que era inferior ao 10%, aumentou en grandes proporcións, non recuando.

([4])Deste contexto, xurdiron os chamados “Cinco Pactos en favor do Brasil”, elaborados en conxunto cos gobernadores e prefectos, e cuxas propostas, dado a natureza das propias demandas, envolvían, en gran medida, solucións de longo prazo Unha medida concreta e rápida neste contexto foi a formulación do programa Mais Médicos, coa contratación de perto de 13 mil médicos, brasileiros e estranxeiros, en locais e áreas carentes. A pesar dos resultados, o programa sufriu grandes ataques por parte da clase médica.

([5]) Neste sentido, é importante mencionar o rutineiro silencioso das grandes organizacións mediáticas en relación ao envolvemento de nomes da oposición no proceso da Lava-Jato, así como de casos de corrupción protagonizados por partidos de oposición, como a operación Zelotes, o caso da merenda no Estado de São Paulo, entre outros episodios.

([6])  “Anos de chumbo” é unha expresión utilizada en Brasil que fai referencia ao período de ditadura militar acaecido entre 1964 e 1985.

([7]) O chamado Pré-Sal é unha reserva de petróleo encontrada no litoral brasileiro durante o goberno Lula (2003-2011), mais especificamente en 2006. Esta camada atopada constitúe unha gran reserva de petróleo e gas natural, que colocou o Brasil nunha nova posición estratéxica para a industria do petróleo.

([8]) Neste ámbito, interesante sinalar que a ministra de Exteriores arxentina, Susana Malcorra, destacou a posibilidade de desvinculación temporaria de Brasil do bloque MERCOSUR.

([9]) Importante sinalar o baixo nivel de popularidade de Cunha, segundo dados de Data Folha: http://www1.folha.uol.com.br/poder/2016/04/1762217-manifestantes-pro-e-contra-dilma-rejeitam-temer-aponta-datafolha.shtml