Especial #CimeiraDoFuturo #SummitOfTheFuture #CumbreDelFuturo, Sexta Parte
uncivilsocietyconference image

Cal é o papel das Organizacións non Gobernamentais no Cumio do Futuro? (Especial, Sexta Parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.
Apartados xeográficos Development cooperation

Normalmente tendemos a asociar a ONU como unha organización estatal composta exclusivamente polas distintas nacións que a compoñen. Con todo, hai outras entidades da sociedade civil que xogan un papel moi importante no marco de actuación da ONU: as ONGs.

As Organizacións non Gobernamentais (ONG) poden colaborar coa ONU como entidades consultivas do Consello Económico e Social ou como organizacións acreditadas no Departamento de Comunicación Global.

A participación activa das ONGs no Cumio do Futuro é crucial, xa que é a forma mais efectiva que ten a sociedade civil de poder influír en cuestións globais e traballar en conxunto cos gobernos para abordar desafíos internacionais. Estas organización desempeñan varios roles no cumio e na elaboración do pacto do futuro, como son: a defensa de accións sostibles e respectuosas cos dereitos humanos, o aumento da conciencia pública mediante a sensibilización, a colaboración con gobernos ou empresas, a mobilización de recursos propios e a difusión do cumio nos medios de comunicación e nas redes sociais.

Ademais, as ONGs participan na elaboración do Pacto do Futuro mediante as distintas consultas virtuais coa ONU, onde se intercambian e propoñen iniciativas con vista a ser incluídas no documento final. A última foi o pasado o 17 da abril na que se tratou a revisión do borrador 0 do pacto do futuro para intercambiar visións con estas organizacións.

Actualmente hai moitas ONGs involucradas no trazo do camiño cara o Cumio do Futuro, pero aquí analizaremos o papel dunha en particular debido a cuestións de espazo: o Consello Científico Internacional.

O Consello Científico Internacional é unha organización internacional non gobernamental que reúne a mais de 250 unións e asociacións científicas internacionais, organizacións científicas nacionais e rexionais.

O consello está fortemente comprometido coa oportunidade que representa o cumio do futuro para avanzar cara un futuro comprometido cos ODS é co coñecemento científico. Colabora cos distintos estados membros, as distintas organizacións da ONU a través de distintas asociación para garantir que a ciencia este presente no desenvolvemento das novas políticas internacionais que se implantaran no futuro.

A organización, tamén esta moi activa no seguimento do cumio e do pacto, así e que na súa web publican de forma moi frecuente as súas respostas as distintas medidas que vai tomando a ONU; por exemplo, unha das mais recentes é unha presentación na que analizan a declaración das xeracions futuras presentada pola ONU.

O Consello Científico Internacional asiste tamén ás múltiples conferencias que organiza a ONU, sendo a última a conferencia da sociedade civil en Nairobi. Deste xeito, brindan unha oportunidade para a participación de múltiples partes interesadas antes do cumio e proporcionan un lugar para que os actores da sociedade civil, científicos e outras partes interesadas relevantes participen e contribúan ao proceso de preparación e ás negociacións en curso do Pacto para o Futuro.

Outra organización moi importante que cabe mencionar dado o seu compromiso co Cumio do Futuro é Human Rights Watch, que leva a cabo unha intensa defensa dos dereitos humanos no marco do cumio e na elaboración do pacto.

A maioría das ONGs levan a cabo mais ou menos as mesmas accións ou iniciativas, pero cada unha delas faino dende a súa lupa de actuación especifica, o que aporta unha gran diversidade de pensamentos a toma de decisións internacionais.

En resumen poderíamos dicir que as ONGs son actores claves na construción dun futuro mais sostible, inclusivo e equitativo, xa que achegan un enfoque e unha perspectiva diferente ás dos Estados, centrándose mais en cuestións humanitarias, na defensa da xustiza global, e na representación de valores como poden ser a equidade e a sostibilidade.

E ti que cres, suporá un cumio un paso adiante na integración destes actores no proceso da toma de decisións internacionais?