20060618 ma ying jeou kmt e james soong pfp

Crise en Taiwán

 Cumio Organización de Cooperación de Shanghai 2006, clic para aumentar
Nos últimos anos, Taiwán vive dividido entre verdes (PDP e UST) e azuis (KMT, PPP e PN). No lexislativo, as súas señorías chegan ás mans. Nun recente debate sobre a proposta do KMT de normalizar os transportes con China continental, unha deputada afín ao goberno non dubidou en comerse o discurso dun deputado para evitar que lese a proposta, mentres pancartas, zapatos e algún que outro sopapo alegraba a sosegada vida parlamentaria taiwanesa. Para que logo digan que se toman a broma o seu traballo… (Foto: Os líderes do KMT, Ma Ying-jeou, á esquerda, e do PPP, James Soong, durante unha protesta en Changhua o 18 de xuño de 2006).
 

A incerteza preside a vida política taiwanesa dende que en maio xurdiron as primeiras denuncias de corrupción contra o entorno presidencial. A día de hoxe, as probabilidades de que Chen Shui-bian resista ata 2008, cando remata formalmente este seu segundo e derradeiro mandato, non son moitas. Primeiro foron as denuncias contra a súa muller, involucrada en operacións en bolsa cualificadas de irregulares; despois o seu xenro e familia, beneficiados con millóns de dólares en transaccións fraudulentas que o levaron directamente ao cárcere en espera de xuízo. Chen alega inocencia persoal, pero a oposición esíxelle que asuma a responsabilidade política derivada da proximidade familiar dos protagonistas dos escándalos.

A oposición, que lidera o Kuomintang (KMT), presentou unha moción de censura a sabendas de que non pode prosperar. As forzas da oposición son maioritarias no Parlamento (111), pero insuficientes para que trunfe a moción (147). Arredor dun millón de firmas foron recollidas esixindo a dimisión inmediata de Chen. Este respondeu dirixíndose á cidadanía para exaltar os logros do seu mandato. O desprezo á oposición exacerba os ánimos.

Nos últimos anos, Taiwán vive dividido entre verdes (PDP e UST) e azuis (KMT, PPP e PN). No lexislativo, as súas señorías chegan ás mans. Nun recente debate sobre a proposta do KMT de normalizar os transportes con China continental, unha deputada afín ao goberno non dubidou en comerse o discurso dun deputado para evitar que lese a proposta, mentres pancartas, zapatos e algún que outro sopapo alegraba a sosegada vida parlamentaria taiwanesa. Para que logo digan que se toman a broma o seu traballo…

Chen resistirá, probablemente, ata finais de ano. En decembro celébranse eleccións municipais aos concellos de Taipei e Kaoshiung. En Taipei goberna o KMT e en Kaoshiung o PDP. Unha derrota do PDP pode reforzar as voces críticas internas que non están dispostas a sacrificar o partido á defensa numantina de Chen. Annette Lu, a vicepresidenta, tería pouco máis dun ano para intentar recuperar a credibilidade do PDP. Sería mais razoable, tendo en conta ademais que o gran obxectivo político de Chen neste mandato era dotar a Taiwán dunha nova Constitución. Estaba difícil, pero agora si que xa non vai poder ser.