Crónicas hondureñas

A polémica suscitada polos resultados dos comicios presidenciais en Honduras celebrados o pasado 24 de setembro, así como a marcada atomización postelectoral, supón un exemplo sintomático da crise política acaecida neste país centroamericano desde o golpe de Estado contra o ex presidente Manuel Zelaya en 2009. Precisamente, a pegada de Zelaya nestes comicios estivo concentrada na figura de su esposa, Xiomara Castro, candidata do esquerdista partido LIBRE (Liberdade e Refundación), e favorita nas enquisas preelectorais.

Apartados xeográficos Latin America
Idiomas Galego

A polémica suscitada polos resultados dos comicios presidenciais en Honduras celebrados o pasado 24 de setembro, así como a marcada atomización postelectoral, supón un exemplo sintomático da crise política acaecida neste país centroamericano desde o golpe de Estado contra o ex presidente Manuel Zelaya en 2009. Precisamente, a pegada de Zelaya nestes comicios estivo concentrada na figura de su esposa, Xiomara Castro, candidata do esquerdista partido LIBRE (Liberdade e Refundación), e favorita nas enquisas preelectorais.

Tras denunciar presuntos fraudes en aproximadamente un 20% das mesas electorais, que lle haberían reportado a Xiomara Castro e LIBRE un total de 400.000 votos, o Tribunal Supremo Electoral hondureño declarou como gañador “irreversible” ao candidato oficialista Juan Orlando Hernández (Partido Nacional), ex presidente do Congreso, por un estreito marxe de 35,26% dos votos. Pola súa banda, Xiomara Castro alcanzou o 29,1%, seguido do Partido Liberal (20,44%) e o Partido Anticorrupción (PAC), cun 14,5%.

Un resultado finalmente aceptado por Xiomara Castro nunha especie de segunda derrota política para o “zelayismo” que, a todas luces, pode ser revertida a mediano prazo. En todo caso, en clave hemisférica explicada de cara ao novo ciclo electoral 2013-2016, os comicios hondureños evidenciaron a necesidade das elites de reforzar diversas opcións antagónicas co xiro progresista e de esquerdas experimentado pola rexión na derradeira década.

O escenario postelectoral hondureño da conta dunha tensa polarización que vive o país desde 2009, aderezada agora por unha atomización política motivada polo estreito marxe de votos entre as formacións políticas. Se ben finalmente Xiomara Castro e o partido LIBRE non puideron romper o bipartidismo Nacional-Liberal imperante na política hondureña desde fai mais de medio século, a atomización postelectoral pode dar curso a fortes controversias, especialmente no relativo á conformación de forzas políticas no Congreso.

Neste sentido, presúmese unha eventual concreción de intereses entre os partidos Nacional e Liberal, que alcanzaron mais do 55% dos votos a nivel nacional, a fin de manter a continuidade do establishment. Rozando o 30%, non resulta descartable que LIBRE eventualmente pacte co PAC e outras formacións minoritarias, concretando así unha franxa parlamentaria próxima ao 50%. Con iso, a presión na rúa será un termómetro político esencial, tomando en conta o certo nivel de frustración popular postelectoral que se viviu en Tegucigalpa, con protestas de estudantes e cidadáns respaldando a tese do fraude esgrimida por Castro e o “zelayismo”.

Con todo, o futuro político hondureño asúmese controvertido. O “zelayismo” agora agrupado en LIBRE se presume intensificará unha campaña de presión interna dende unha oposición mais activa. Pero é visible que non contará con grandes aliados no exterior, particularmente no caso do seu aliado mais activista, o falecido ex presidente venezolano Hugo Chávez. Incluso outro “aliado” de Zelaya como o presidente nicaraguano Daniel Ortega, quen incluso lle deu asilo tralo golpe de 2009, foi o primeiro mandatario internacional en recoñecer a vitoria de Orlando Hernández.

É moi probable que o “voto do medo” finalmente exerceu unha forte influencia electoral a favor de Hernández e do oficialismo do Partido Nacional, fortalecendo as opcións dos sectores conservadoras, aderezados agora cun próximo presidente de fortes raíces católicas. As denuncias de Castro dunha presunta campaña sucia na súa contra confirma os temores das elites e da oligarquía hondureña sobre a polarización política encarnada nun eventual retorno do “zelayismo” ao poder. Paralelamente, o actual mandatario Porfirio Lobo fortaleceu os seus vínculos comerciais con EUA, fraguando a súa ruptura co eixe da ALBA defendido por Zelaya desde 2007.

Sen descartar a pobreza, a crise económica e os elevados índices de inseguridade cidadá que, segundo cifras da ONU, colocan a Honduras nun liderado a nivel mundial con 96,1 mortos por cada 100.000 habitantes, a polarización entre o bipartidismo Nacional-Liberal e o “zelayismo” definiu decisivamente os recentes comicios hondureños, ilustrando así un contexto postelectoral sumamente atomizado que intensifica as perspectivas de incremento da tensión política.

Como o seu homólogo guatemalteco Otto Pérez Molina, na presidencia desde 2012, o próximo mandatario hondureño Hernández prometeu “man dura” contra a inseguridade cidadá, toda vez Xiomara Castro propugna un Pacto Social contra a Inseguridade Pública. Un exemplo das dúas visións antagónicas que definen a Honduras contemporánea.