Desastres

Os desastres naturais en 2013 causaron o desprazamento de tres veces máis persoas que os conflitos armados, o que vén a demostrar a urxencia de combater o cambio climático, segundo un estudo presentado recentemente. Segundo o Consello Noruegués para os Refuxiados (NRC, siglas en inglés), unha organización independente especializada en axuda de emerxencia, 22 millóns de persoas foron desprazadas en 2013 debido a desastres naturais. Máis do 80% das persoas desprazadas por desastres naturais o ano pasado estaban en Asia.

Apartados xeográficos Others
Idiomas Galego

O informe desta asociación humanitaria foi publicado nos días previos a un novo cumio do clima a realizar na ONU, en Nova York. O problema agrávase co dobre de persoas desprazadas en todo o mundo respecto a 1970, di o informe, que explica o aumento da urbanización durante os últimos 40 anos nos países máis vulnerables.

O NRC, liderado por Jan Egeland, ex coordinador da ONU para a axuda de emerxencia, fai unha chamada para facer desta cuestión unha prioridade política durante as discusións dun acordo sobre a cambio Climático en 2015. "Os gobernos deben asegurar que os proxectos e os doadores son conscientes deste risco crecente de desprazamento, facilitando a migración e as deslocalizacións, cunha fórmula que respecte as poboacións vulnerables", suxire o informe. O estudo apunta os resultados dos estudos do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC), que suxire que a actividade humana é responsable do aumento do número destes desastres.

As Filipinas o ano pasado sufriron os desastres máis graves, tifóns como o Haiyan ou o Trami que, entre eles, sumaron 5,8 millóns de persoas desprazadas. En comparación co tamaño da súa poboación, oito dos 20 desastres máis graves ocorreron en África Subsahariana. Segundo o informe, África pode verse cada vez máis afectada debido ao maior crecemento da súa poboación.

Pero tampouco as nacións ricas están inmunes. Dende o Xapón asolado polo tifón que atinxiu a rexión de Chubu (centro), Estados Unidos con tornados en Oklahoma (sur), e Canadá, con enchentes en Alberta (oeste), que desprazou a 600 mil persoas. O informe tamén alerta sobre perigos naturais nas áreas de conflito, como as inundacións de Paquistán en 2010.

En suma, mais que unha anécdota de repetida frecuencia, os desastres e as súas consecuencias están a gañar terreo na axenda global e demandan respostas estruturadas non só das poboacións e gobernos senón da comunidade internacional no seu conxunto, amosando un compromiso económico pero tamén ético de maior alcance especialmente no caso dos países menos avanzados e máis castigados polos efectos dunhas calamidades que demasiado a miúdo derivan en grandes traxedias.