20071213 cerimonia sinatura tratado lisboa

Europa e o maltratado

Apartados xeográficos Europe ARCHIVE
Idiomas Galego
 Cerimonia de sinatura do Tratado de Lisboa; clic para aumentar
O Tratado de Lisboa "vaia papeliño o portugués, primeiro dando nome á barbarie da guerra nos Azores e agora a esta imposición políticoeconomica", é un golpe de estado a nivel comunitario, un pasar por riba da cidadanía que, en gran parte, rexeitou nas urnas o intento anterior, aquel ao que chamaban Constitución. Mais desta non votaremos. Desta meterannos este potenciador de políticas neoliberais pola forza e sen meter barullo. (Foto: Cerimonia de sinatura do Tratado de Lisboa, celebrada no mosteiro dos Xeromes o 13 de decembro de 2007).
 

Escribía o Beiras hai uns días sobre o recunque á europea que supón o Tratado de Lisboa, un documento de labirínticas formas que non existe como tal, senón que está formado por centos de anexos e modificacións do Tratado de Roma de 1957 e do de Maastrich de 1992. Ilexíbel para o cidadán europeo "da UE quero dicir, que Europa é máis grande", malia que vai rexer a súa vida e morte unha vez que sexa ratificado na escuridade parlamentar dos estados membros. Salvo en Irlanda, que por obriga debe ter referendo.

O Tratado de Lisboa "vaia papeliño o portugués, primeiro dando nome á barbarie da guerra nos Azores e agora a esta imposición políticoeconomica", é un golpe de estado a nivel comunitario, un pasar por riba da cidadanía que, en gran parte, rexeitou nas urnas o intento anterior, aquel ao que chamaban Constitución. Mais desta non votaremos. Desta meterannos este potenciador de políticas neoliberais pola forza e sen meter barullo. Os silencios mediáticos sempre agochan traxedias.

Esta teima en "reforzar a Unión" non ten que ver coa procura do noso benestar. De ningún xeito. Os políticos comunitarios, presionados polos 15.000 "lobbystas" que en Bruxelas vixían polos intereses do gran capital, só teñen un obxectivo: contruír a Europa Superpotencia. De aí en diante os propósitos destes golpistas de luva branca terán só que ver co crecemento económico baseado na competencia sen límites, coa axilización da toma de decisións "Francia, Alemaña, Italia e o Reino Unido poderán tirar soas do carro", coa ampliación territorial a rexións que teñan os recursos naturais dos que a Unión carece "benvidos ucraínos!" e sobre todo coa militarización do "proxecto europeo", que xa hai tempo que comezou a emprazar tropas polo mundo "Líbano, Haití, Sudán, Kosovo.

Falando en claro galego, imos entrar por collóns na Europa do capital. E a máis Europa menos liberdades. Unha Europa blindada ao mundo, unha nova potencia mundial que non busca contraporse ao modelo ianqui, senón complementalo. Unha Europa máis desigual, con máis precariedade no emprego, con servizos sociais testemuñais, sen dereito ao traballo "si a traballar" ou á vivenda, con graves custes ambientais e cimentada nun Tratado imposto pola ditadura da representatividade parlamentar. Os de abaixo sufrirán aínda máis. Que gran mentira é Europa!