Vigo acolleu un centro electoral para a diáspora rusa en Galicia

Galicia tamén vota nas presidenciais rusas

Por primeira vez, Galicia tivo participación nas eleccións presidenciais rusas. Coa cooperación da Asociación “Eslavos en Galicia” e a súa presidenta Marina Bakhtina, este acontecemento pioneiro na nosa Comunidade Autónoma foi posible a través da visita a Vigo dunha delegación da Embaixada da Federación de Rusia en Madrid, liderada polo xefe da sección consular e primeiro secretario Andrey Konstantinov, encargado de habilitar este centro electoral o pasado 17 de marzo, un día antes da elección presidencial na Federación Rusa.

Liñas de investigación Diáspora Observatory
Apartados xeográficos Others
Idiomas Galego

Por primeira vez, Galicia tivo participación nas eleccións presidenciais rusas. Coa cooperación da Asociación “Eslavos en Galicia” e a súa presidenta Marina Bakhtina, este acontecemento pioneiro na nosa Comunidade Autónoma foi posible a través da visita a Vigo dunha delegación da Embaixada da Federación de Rusia en Madrid, liderada polo xefe da sección consular e primeiro secretario Andrey Konstantinov, encargado de habilitar este centro electoral o pasado 17 de marzo, un día antes da elección presidencial na Federación Rusa.

Segundo datos da asociación, en Galicia están rexistrados uns 600 cidadáns rusos, todos eles residentes nas catro provincias galegas: Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense. Deste xeito, por primeira vez a diáspora rusa en Galicia tivo a oportunidade de exercer o sufraxio para as eleccións presidenciais do seu país, neste caso a través do centro electoral aberto na Oficina Municipal do Distrito de Casco Vello de Vigo.

Non obstante, para esta xornada electoral, o centro vigués estivo adscrito á  circunscrición electoral pertencente á Embaixada rusa en Madrid, razón pola cal as súas estatísticas foron indexadas á do centro electoral na capital española.

A apertura deste centro electoral para a diáspora rusa en Galicia supón un feito histórico que, ao mesmo tempo, revitaliza a importancia que para as autoridades diplomáticas rusas comeza a ter a súa poboación emigrante. Do  mesmo xeito, esta elección fortalece o labor da Asociación “Eslavos en Galicia” como motor de integración desta diáspora residente na nosa Comunidade Autónoma, a maioría deles proveniente de países como Rusia, Ucraína, Bielorrusia, Moldavia e Bulgaria, entre outros.

A nivel estatal, a embajada rusa informó que un total de 4.896 cidadáns rusos residentes no Estado español participaron nas eleccións presidenciais realizadas en 14 cidades españolas. Nestas cifras inclúense aos cidadáns rusos que exerceron o voto durante as respectivas xornadas electorais realizadas en diversas cidades españolas, así como aqueles que fixérono por votación anticipada.

Neste sentido, a diáspora rusa en España votou respectivamente en localidades como León e Alacante (4 de marzo), Málaga (10 de marzo), Valencia, Marbella, Palma de Mallorca, San Sebastián e Almería (11 de marzo), Vigo (17 de marzo) e Madrid, Barcelona, Adeje, Sevilla e Zaragoza (18 de marzo).

A normalidade electoral en Galicia e España contrastou claramente coa tensión vivida durante a xornada electoral en Ucrania, debido aos impedimentos por parte das autoridades de Kiev para que os cidadáns rusos residentes nese país puideran votar nas súas respectivas representacións diplomáticas. Segundo estatísticas oficiais, na Ucraína habitan uns 72.000 cidadáns rusos.

A tensión foi aínda maior na península de Crimea, que por primeira vez desde o seu regreso á soberanía rusa (marzo de 2014) votaba nunhas eleccións presidenciais rusas. O Servizo de Seguridade de Ucraína (SBU) xa había advertido con anterioridade de impulsar acusacións pola vía penal para aqueles cidadáns de Crimea que votaran nas presidenciais rusas do pasado 18 de marzo.

Por isto, convén avaliar o feito histórico que supón observar cómo, por vez primeira, a diáspora rusa radicada en Galicia tivo a oportunidade de exercer o seu dereito ao voto nas eleccións presidenciais rusas 2018. Un paso adiante á hora de avanzar nos dereitos electorais e de representación política da diáspora rusa e de Galicia como terra de acollida e de integración.