Igualdade nas eleccións chilenas

Apartados xeográficos Latin America ARCHIVE
Idiomas Galego

A pequena marxe de diferencia entre o candidato da concertación Ricardo Lagos que obtivo o 47,96% dos votos e o candidato da dereitista Alianza por Chile Joaquín Lavin (47,52%) supuxo unha relativa sorpresa que xa se albiscada nos últimos meses.

O candidato da dereita aglutinou o voto dos pinochetistas, da maioría do empresariado, do chamado voto militar e dos desencantados cos 10 últimos anos de goberno da concertación tocado pola crise económica, pola taxa de desemprego do 12,5% e unha crecente onda de violencia.

A Alianza por Chile chegou ata esta doce derrota cun discurso valeiro e populista. Presentábanse como os garantes do cambio, sen ideoloxía definida ata o punto de ser alcumados popularmente como "cosistas", xestores que fan cousas sen estar atados pola historia reciente de Chile, sen mirar atrás para estar permanentemente abocados a unha confrontación civil.

Discurso paradoxal para un candidato como Joaquín Lavin, que participou nun alto cargo funcionarial na Xunta Militar de Pinochet, que fundou a pinochetista UDI, que gozou do beneplácito dos máis poderosos medios de comunicación e que contou con moreas de recursos financeiros dun empresariado que se enriqueceu no antigo réxime.

Pero foi precisamente a distancia do dictador o que facilitou o empate con sabor a triunfo. A maioría da sociedade chilena non entendeu a tulelaxe xurídica da antiga metrópole que non xulgou aos implicados na súa propia dictadura. O alonxamento do senador vitalicio permitiu unha renovación na cúpula dereitista e un deseño de campaña sen referencia algunha ao pasado pinochetista, mesmo se chegou a entrevistar con unha comisión de familiares de desaparecidos aos que pediu colectivamente perdón.

Esta aséptica campaña rabuñou unha boa parte do electorado da Democracia Cristiana que formalmente estaba integrada no bloque da Concertación, pero que deixou nestas eleccións unha boa parte da súa base electoral.

Unha hipotética victoria de Joaquín Lagos sería a auténtica proba do nove para comprobar a saúde da democracia chilena. Tería o reto de rachar as amarras que aínda non deixar saír a mar aberto á actual e imperfecta democracia vixiada. Queda a incerteza de saber se a vella cúpula militar e os influentes sectores económicos saberían navegar a contra corrente ideolóxica, acomodándose ás regras democráticas.

Con rostro abatido pero con fortaleza afirmou "Un capítulo se pecha hoxe, mais a historia non esta rematada. O resultado de desta primeira volta foi estreito, eu coido que a segunda volta tamén vai ser apretada, pero imos gañar".

Para conquerir a victoria vai contar cun amplo sector de votos que este domingo optaron por la cabeza de lista comunista Gladis Marín, á que apolarización limou á metade ás súas espectativas deixándoa nun escaso 3%, insuficiente para asegurar o acceso á presidencia do candidato socialista.

Joaquín Lavin e Ricardo Lagos saben que os votos que poden inclinar a balanza están entre os máis dos .000 abstencionistas que van ser obxecto de constante tentación para atraelos na segunda volta.