iran mahmoud ahmadinejad

Irán pisa forte

Apartados xeográficos Middle East ARCHIVE
Idiomas Galego
 Mahmoud Ahmadinejad, clic para aumentar
Se agora algo está claro no Oriente Medio é que Irán emerxe moi forte entre os demais países desta área tan conflitiva. Deposto Sadam Husein pola intervención de EEUU, non hai dúbida que Irán recibiu da torpeza política destes o mellor galano que podería agardar. (Foto: Mahmoud Ahmadinejad, presidente de Irán).
 

Se agora algo está claro no Oriente Medio é que Irán emerxe moi forte entre os demais países desta área tan conflitiva. Deposto Sadam Husein pola intervención de EEUU, non hai dúbida que Irán recibiu da torpeza política destes o mellor galano que podería agardar. E algúns outros máis.

A política que aqueles levan a prol de Israel e contra os palestinos conseguiu en moitas partes do Oriente Medio que Irán achegase a xiís e sunnitas coa finalidade de opoñerse aos EEUU e, ao mesmo tempo, reafirmar a independencia do país, ou sexa, seguindo a mesma liña que xa iniciara Jomeini.

E por se todo o anterior non fose abondo cómpre subliñar aínda que Irán, hoxe, e por consecuencia da alza do prezo do petróleo, ten moi grandes dispoñibilidades económicas. Todo o que, sen dúbida, vai axudar a avivecer en diante o islamismo fundamentalista en toda a área xerando o ascenso sostido e sen vagar de Irán en toda ela á par que veremos ir minguando a influencia americana. Fanáticos si que son os iranios, pero políticos tamén.