Lagos herda catro revolucións e unha involución

Apartados xeográficos Latin America ARCHIVE
Idiomas Galego

Na súa despedida, o presidente saínte Eduardo Frei elevou a voz para salientar as catro revolucións do seu mandato, que se escribiron en letra minúscula, no campo da educación, as infraestructuras, a familia e a Xustiza. O presidente electo recibiu, tamén coma legado, unha incomoda involución que se consigna en letras maiúsculas: un exército insolente que recibe con pompa ao dictador Pinochet e lle manifesta inquebrantable adhesión.

Na praza da Constitución, onda hai seis anos fixera o seu primeiro discurso presidencial e repetindo auditorio cun nutrido grupo de invitados, Eduardo Frei enumerou as subxectivas revolucións que teñen virtualmente metamorfoseado a Chile no último sexenio. "As accións de goberno nas áreas de infraestructura, educación, xustiza e familia mudaron decisivamente a face, o corpo e a alma da nación".

A depreciada revolución freiriana ten como autoproclamados activos, nas infraestructuras, os investimentos medios anuais de 600 millóns de dólares en portos, estradas, aeroportos, hospitais, equipamentos públicos etc. Na educación formulouse a reforma educativa, introduciu a informática e iniciou un plan de formación do profesorado. Na xustiza foi onde Frei atreveuse a centrar a revolución democrática por excelencia, que aínda non veu a luz os seus resultados, pero que pretende acelerar os trámites xudiciais e aumentar a credibilidade dun sistema socialmente cuestionado. Por último os democratacristiáns acentuaron o labor gobernamental no eido da familia fomentándoa protección dos menores e da terceira idade e comezando políticas de equidade de xénero.

Ricardo Lagos terá manter rexo o pulso para non verse arrastrado polas regresións que planean sobre o país dende a milagrosa resurrección de Pinochet. Os aires andinos revitalizaron ao vello cóndor. O ancián senador vitalicio, incapacitado para declarar ante un xuíz, é quen de manterse activo no seu labor senatorial. Desafiante, rexeita a nova coiraza inmunolóxica que lle prepara o lexislativo, co obxectivo de que manteña a inmunidade, mais apartádoo da condición de senador.

A festa de vendida na que participaron efusivamente os militares e os pinochetistas da RN, empana a cristalinidade do presidente socialista que ten a responsabilidade de facer o relevo, recollendo aquel facho que un 11 de setembro do 73 apagou o seu lume no Palacio da Moneda.

Conta coa enorme sorte de ter atado de pés e mans a Joaquín Lavín, quen non seu camiño cara á presidencia, e con Pinochet ao outro lado do Atlántico, tivo que facer declaracións que agora o deixan mudo: " Para a marcha do país da o mesmo a situación de Pinochet…Eu non formaría parte da comitiva de recibimento a Pinochet… Se regresa, o lóxico é que non teña un rol "protagónico" na vida política chilena". Manter a coherencia co seu discurso de campaña só lle deixa unha saída… estar calado.

Pero mentres se lle apaga este lume, a súa militancia non arrefría na reivindicación de xustiza dos mortos e desaparecidos. A filla de Salvador Allende ven de prender unha nova mecha incendiaria ao afirmar que posúe probas da participación de Pinochet na morte do seu pai. Manifesta que existen gravacións nas que o dictador conversa con outro xeneral e nas que hai unha frase comprometedora. "Se o montamos no avión, logo tirámolo".

Na toma de posesión Lagos insistiu que a xustiza terá a última palabra. Pinochet pola súa banda tivo a prudencia de non estar presente na ceronia e irse de veraneo á costa central de Chile.