Mar de fondo no G-20

A cidade chinesa de Hangzhou celebrará o próximo 4 e 5 de setembro o XI Cumio do G-20, evento que contará coa presenza dos líderes das principais potencias mundiais (EUA, Alemaña, China, Xapón, Canadá, Francia, Reino Unido, Italia a Unión Europea) así como das denominadas economías emerxentes, destacando Rusia, India, Brasil, Australia, Corea do Sur, Sudáfrica, México, Arxentina, Indonesia, Arabia Saudita e Turquía. Este cumio, o primeiro en celebrarse en China, ven precedido diversos factores que alteran o equilibrio estratéxico global, entre os que destacan o final da era Obama na Casa Branca, coa proximidade dos comicios presidenciais estadounidenses (novembro); a renovación da tensión e a escalada militar no Mar de China Meridional, que involucra a China, Xapón e EUA; os temores en Occidente ante a deriva autocrática post-golpe en Turquía e ante a posibilidade dunha alianza euroasiática con Rusia; as expectativas económicas de recuperación dunha economía global polarizada polas tendencias proteccionistas; as crises políticas e económicas en economías emerxentes como Brasil e Arxentina; as inquietudes na Unión Europea post-Brexit; e as incertezas sobre o interminable conflito sirio e as súas repercusións xeopolíticas dentro do escenario estratéxico de Oriente Próximo e da expansión do terrorismo xihadista, entre outros.

Apartados xeográficos Others
Palabras chave China G20
Idiomas Galego

A cidade chinesa de Hangzhou celebrará o próximo 4 e 5 de setembro o XI Cumio do G-20, evento que contará coa presenza dos líderes das principais potencias mundiais (EUA, Alemaña, China, Xapón, Canadá, Francia, Reino Unido, Italia a Unión Europea) así como das denominadas economíasarrow emerxentes, destacando Rusia, India, Brasil, Australia, Corea do Sur, Sudáfrica, México, Arxentina, Indonesia, Arabia Saudita e Turquía. Este cumio, o primeiro en celebrarse en China, ven precedido diversos factores que alteran o equilibrio estratéxico global, entre os que destacan o final da era Obama na Casa Branca, coa proximidade dos comicios presidenciais estadounidenses (novembro); a renovación da tensión e a escalada militar no Mar de China Meridional, que involucra a China, Xapón e EUA; os temores en Occidente ante a deriva autocrática post-golpe en Turquía e ante a posibilidade dunha alianza euroasiática con Rusia; as expectativas económicas de recuperación dunha economíaarrow global polarizada polas tendencias proteccionistas; as crises políticasarrow e económicas en economías emerxentes como Brasil e Arxentina; as inquietudes na Unión Europea post-Brexit; e as incertezas sobre o interminable conflito sirio e as súas repercusións xeopolíticas dentro do escenario estratéxico de Oriente Próximo e da expansión do terrorismo xihadista, entre outros.

Baixo estas variables, o cumio do G-20 cobrará importancia estratéxica para o país anfitrión, China, que por vez primeira organiza este cumio, así como para o seu presidente Xi Jinping, quen aproveitará esta xuntanza de carácter global para propiciar un clima de concordia diplomática orientada a degradar os mencionados escenarios de tensión, así como para afianzar as iniciativas chinesas definidas na súa axenda económicaarrow global.

Para reforzar esta perspectiva, a presidencia chinesa esmerouse en facer deste cumio o de maior representación dos países en desenvolvemento, destacando neste apartado os convites realizados a Chad, país que ocupa a presidencia da Unión Africana; Laos como presidente da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN); Senegal como presidente da Nova Asociación para o Desenvolvemento de África (NEPAD), así como doutros socios económicosarrow emerxentes como Exipto e Kazajstán.

Medindo as contrariedades

O próximo cumio do G-20 en Hangzhou define unha convocatoria determinada por todo tipo de desafíos e contrariedades, algúns deles subitamente existentes na actualidade da xeopolítica e a economía global. Ó mesmo tempo, debe contextualizarse que este cumio determinará un momento decisivo para os dous principais líderes participantes: o presidente estadounidense Barack Obama e o anfitrión presidente chinés, Xi Jinping.

Para Obama, o de Hangzhou será a súa despedida dos cumios do G-20 no marco dunha xira asiática que levarano posteriormente a Laos, país que actualmente mantén a presidencia da ASEAN e que igualmente foi convidado por Beijing para este cumio do G-20. O momento, por tanto, luce estratéxico para Washington porque certifica tanto as expectativas (non menos inquietantes) sobre a sucesión de Obama na Casa Branca dentro dunha conxuntura de tensións e de escalada militarista no Mar de China Meridional, un aspecto sumamente sensible para a seguridade mundial porque involucra a potencias militares como China, Xapón e EUA(1).

Pola súa banda, o mandatario chinés Xi Jinping acomete este cumio nun momento igualmente estratéxico e relevante. Coa crise bilateral con Xapón ao carón das tensións soberanistas no Mar de China Meridional e das aspiracións de rearme por parte de Tokio, Xi está concentrado nun amplo programaarrow de reformas estruturais internas coa vista posta na convocatoria, prevista para 2017, do Congreso do Partido Comunista Chinés (PCCh), evento que eventualmente definirá unha nova dirección en Beijing ata 2022, con o sen Xi ao fronte.

Sendo EUA e China as dúas principais economías a nivel mundial, a sintonía entre os seus respectivos líderes moi probablemente definirá o cursoarrow da axenda e das resolucións que se adopten neste cumio do G-20. E a degradación das tensións terá unha proba específica coa presenza do primeiro ministro xaponés Shinzo Abe, particularmente pola fricción bilateral con China establecida tralo nomeamento da conservadora Tomomi Inada como nova ministra de Defensa.

Este nomeamento de Inada, negadora da masacre de Nanjing (China) realizada pola Armada nipona durante a guerra sino-japonesa (1937-1945), supón un xiro radicalmente nacionalista por parte de Tokio, que tensará aínda mais as xa complicadas relacións con Beijing. Este aspecto terá unha incidencia preocupante dentro da actual crise do Mar de China Meridional e da escalada de tensión militar sobre a reclamaciónarrow da soberanía das illas Senkaku e Diayou.

Tampouco debe descartarse o peso específico que terá a presenza surcoreana neste cumio do G-20, particularmente pola necesidade de afianzar o equilibrio estratéxico na península coreana ante as recentes demostracións de forza militar e nuclear por parte de Corea do Norte. En plena crise sino-nipona e previo ao cumio de Hangzhou, o ministro chinés de Exteriores, Wang Yi, asistiu a finais de agosto a unha xuntanza trilateral en Tokio con Xapón e Corea do Sur, unha visita que revela o interese de Beijing por  conservar a cordura dentro do equilibrio estratéxico en Asia Oriental.

Pero a sintonía entre Washington, Beijing e Tokio non será o únicoarrow tema a tomar en conta no cumio de Hangzhou. A presenza do presidente ruso Vladimir Putin establece igualmente unha prioridade de carácter xeopolítico para este cumio, tomando en conta a persistencia das tensións entre Rusia(2) e Occidente por mor do conflito ucraíno, dos recentes plans da OTAN de reforzar o seu cordón sanitario entre o Mar Báltico e o Mar Negro, e principalmente da recente reconciliación ruso-turca que augura un posible reordenamento do equilibrio xeopolítico dentro do espazo euroasiático.

Estes acontecementos corresponden a escenarios sensibles para Washington, tomando en conta a (re) orientación das prioridades estratéxicas dun socio da OTAN como Turquía e o xiro autocrático que está asestando o presidente turco Recep Tayyip Erdogan (quen non estará presentearrow no cumio do G-20) tralo fracasado putsch golpista de xullo pasado e a purga posterior. Toda vez propicia marcos de contención cara Rusia e China dentro do espazo euroasiático e de Asia Oriental, Washington tenta asegurar un equilibrio estratéxico que terá unha incidencia primordial neste cumio do G-20.

Noutros ámbitos existen igualmente inquietudes que gravitarán no centro de atención deste cumio. O nerviosismo causado polo Brexit anuncia maiores complicacións dentro da Unión Europea así como da incidencia británica nos mecanismos de integración económicos e de seguridade (OTAN) a nivel global. A crise políticaarrow en economíasarrow emerxentes como Brasil, co proceso de destitución da ex presidenta Dilma Rousseff xa practicamente sentenciado e ante a abrupta caída de popularidade do presidente interino Michel Temer, vese igualmente completadoarrow coas dificultades que atravesa o seu veciño, o presidente arxentino Mauricio Macri, por mor do seu programaarrow de reformas económicas estruturais. Ambos, Temer e Macri, acoden a Hangzhou en horas políticas baixas.

A reconciliación ruso-turca anuncia igualmente (re) equilibrios estratéxicos en Oriente Próximo, indirectamente trazados pola ofensiva que actualmente leva a cabo o réxime sirio de Bashar al Asad para recuperar a estratéxica cidade de Aleppo, un escenario que anuncia un punto de inflexión e un cambioarrow substancial decisivo dentro do interminable conflito sirio, igualmente envelenado pola irresolución da crise dos refuxiados e a expansión do terrorismo xihadista.

Este (re) equilibrio estratéxico en Oriente Próximo define a eventual concreción dun eixe de sintonía xeopolítica entre Rusia, Turquía e Irán, particularmente visible ante a aceptaciónarrow de Teherán de permitir a Moscova a utilización de bases no noroeste iraniano para que cazas rusos bombardeen posicións do ISIS entre Siria e Iraq e dos recentes achegamentos turco-iranianos. Este escenario igualmente gravitará nos intereses doutros actores chave como Arabia Saudita, país igualmente presentearrow no cumio do G-20, inquietos ante a súbita potenciación xeopolítica do seu principal rival rexional, Irán, sen perder de vista a ralentización da políticaarrow aperturista de Obama cara Teherán.

Con este cumio ábrese igualmente a veda de próximas convocatorias a nivel global, nas que destacan a Asemblea Xeral da ONU (20 de setembro) e o Cumio dos BRICS (15-16 de outubro en Goa, India), cuxas axendas de traballo enfocarán a súa atención en diversas temáticas como a persistencia da crise dos refuxiados; a necesidade de revitalización dos investimentos ante as expectativas de recesión na economíaarrow global; acelerar o compromiso mundial de adopción da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible; e o fomento de mecanismos para industrialización en África.

A Axenda 2030

Se a seguridade xeopolítica global ten un aspecto primordialmente estratéxico neste cumio do G-20, a situación económica internacional será o segundo aspecto de maior relevancia a ser tratado en Hangzhou. E aquí as expectativas ilustran un panorama de claroscuros, tomando en conta as perspectivas de recesión económica global que se anuncian para 2017, así como da tensión ante a adopción de políticasarrow comerciais proteccionistas, principalmente por parte occidental, contra as exportacións chinesas e asiáticas.

Con todo, Beijing tenta afianzar un novo marco de cooperación Sur-Sur que permita exercer unha firme presión políticaarrow de cara ás potencias industrializadas, principalmente EUA e Europa, á hora de definir pautas de concreción dunha gobernanza económica global mais equitativa, con políticasarrow de igualdade no intercambio comercial así como de definición de áreas de influencia económica, principalmente para os intereses da emerxente economíaarrow chinesa.

Compre por tanto observar cómo a presidencia chinesa esforzouse por ampliar o número de actores convidados para esta cumio, principalmente dende os países en desenvolvemento, coa perspectiva de reforzar esta visión de cooperación Sur-Sur. Velaí o enfoque primordial de Beijing para o desenvolvemento e industrialización africana a través da presenza en Hangzhou de Chad, país que actualmente ocupa a presidencia da Unión Africana, e de Senegal como presidente da Nova Asociación para o Desenvolvemento de África (NEPAD). Toda vez, a presenza de Laos, actualmente na presidencia da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN), supón un aviso esencial para Obama, que visitará este país tralo cumio de Hangzhou.

Pola súa banda, a presenza de Exipto e de Kazajstán confirmaarrow a relevancia que Beijing lle outorga a socios económicosarrow cada vez mais relevantes, mais recente no caso exipcio trala xira de Xi por Oriente Próximo realizada a comezos de 2016 (que igualmente levouno por Arabia Saudita e Irán) e de carácter mais estratéxico no caso kazajo, membro da Organización de Cooperación de Xangai (OCX), da Unión Económica Euroasiática (UEE), e país de tránsito da iniciativa chinesa da Ruta da Sedaarrow, con especial interese na construción e distribución de proxectos de infraestruturas e de subministro enerxético.

A oportunidade que se presentaarrow para China neste cumio do G-20 á hora de afianzar os seus mecanismos e iniciativas de integración, permitirá igualmente reforzar o cada vez mais emerxente peso global da economíaarrow chinesa. Debe así destacarse a preponderancia que Beijing lle outorga ao proxecto do Banco Asiático de Investimento e de Infraestrutura (BAII), que amplía as perspectivas anteriormente deseñadas na iniciativa da Ruta da Sedaarrow, apostando ó mesmo tempo polo compromiso de cumprir a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, particularmente en materia de redución da pobreza e de adopción de políticas de carácter ambiental.

Esta perspectiva de reforzamento da cooperación Sur-Sur en momentos de crise políticaarrow nos países desenvolvidos e nas economías emerxentes tamén gravitou nas expectativas de China e India por impulsar un clima de confianza de cara a este cumio do G-20 e do próximo cumio dos países BRICS a celebrarse a mediados de outubro en Goa (India).

Neste sentido, o primeiro ministro indio, Narendra Modi, reuniuse a mediados de agosto co chanceler chinés Wang Yi a fin de concretar estas iniciativas de cara aos cumios G-20 e BRICS, como mecanismos de afianzamento de iniciativas orientadas a reconducir o crecemento e desenvolvemento económico global e atopar un maior equilibrio equitativo co respecto aos países desenvolvidos.

 

 

 



(1) Recentemente creou unha notable polémica na opinión pública internacional a publicación dun informe do think tank estadounidense RAND Corporation sobre a eventualidade dunha guerra a mediano prazo entre China e EUA. Este informe pode observarse no enlace: http://www.rand.org/pubs/research_reports/RR1140.html

(2) Por mor da crise ucraína e principalmente trala anexión rusa da península de Crimea (marzo de 2014), EUA e a Unión Europea premeron pola expulsión momentánea de Rusia do G-8, organismo que agrupa ás principais potencias industrializadas. Estas presións occidentais contra Moscova repercutiron na súbita retirada do presidente ruso Vladimir Putin do cumio do G-20 celebrado en novembro de 2014 en Brisbane (Australia). Trala adopción do Protocoloarrow de Minsk (febreiro de 2015) que baixo o auspicio da Organización de Seguridade e de Cooperación Europea (OSCE) foi asinado entre Ucraína, Rusia e as Repúblicas separatistas de Donetsk e Lugansk, adoptando así unha solución mais viable para o conflito no Leste ucraíno, a tensión minorou nas relacións entre Rusia e Occidente, razón pola que Putin volveu a participar no X cumio do G-20 celebrado en novembro de 2015 en Antalya (Turquía).