Medio Oriente: o perigoso labirinto nuclear

Apartados xeográficos Middle East ARCHIVE
Idiomas Galego

A infructuosa visita a Israel do director xeral da Organización Internacional da Enerxía Atómica, o exipcio Mohammed el Baradej, confirma a alarmante situación establecida por unha crítica e explosiva carreira de proliferación nuclear en Oriente Medio. Neste apartado, Irán está a ser o próximo obxectivo do eixe Washington-Tel Aviv, trala desaparición do Iraq de Saddam Hussein.

O exipcio el Baradej, quen substituiu a Hans Blix coma inspector da ONU en Iraq, coñece ben os complexos labirintos da política de desenvolvemento nuclear na rexión. Intenta crear unha conferencia rexional para chegar a un Oriente Medio "desnuclearizado". Para diminui-lo potencial de conflicto e a súa consecuente carreira armamentista, o mais obvio apuntaba a neutralizar a Irán e persuadir a Israel de acepta-las inspeccións da OIEA.

O réxime de Tel Aviv non é asinante do Tratado de Non Proliferación Nuclear, a diferencia de Irán, e sempre rexeitou as tentativas da ONU para inspeccionar os seus dous complexos nucleares, o de Nahal Serek, preto de Jerusalén, e o de Dimona, no deserto do Neguev. Se cree que Israel ten entre 100 e 200 artefactos nucleares dende que iniciara o seu programa de armamento en 1952. Pola súa banda, o goberno de Ariel Sharon teme que Irán poida completar o seu programa nuclear a finais do 2007, polo que para as elites militares e políticas israelíes, Teherán substitúe a Bagdad como o verdadeiro perigo. Esto coloca ao réxime iraní nun delicado e decisivo momento.

Xa antes de chegar a Israel, el Baradej estaba convencido de que practicamente non tiña poder para influir no goberno de Sharon. Éste, pola sua banda, conta co total apoio de Washington, cada vez mais interesado en formalizar unha nova política rexional, plasmado tralo plan do Gran Oriente Medio de Bush, que incluira unha apertura nas relacións con Teherán. Por iso, a explosiva situación en Iraq é unha referencia das eventuais relacións entre Washington e Teherán, especialmente no tratamento da comunidade xiíta e a súa relación co goberno de Iyad Allawi.

A Bush, mais preocupado nestes momentos polas eleccións presidenciais de novembro e o reto lanzado polo tándem demócrata Kerry-Edwards, tamén se lle dificulta instrumentar unha nova política nuclear en Oriente Medio, tralo fiasco de Iraq. Por iso negocia silenciosamente a tres niveis: coa OIEA, para presionar con éxito a Irán nas inspeccións; con Israel, para manter a seguridade do seu programa nuclear e frear o posible expansionismo do programa iraní; e con Europa, que ten unha posición mais proclive aos contactos iraníes. Neste apartado, Teherán tamén entra na escea, explotanto as contradiccións entre estadounidenses e europeos.

Os temores israelís tamén se dirixen cara Alxeria, Siria e Libia, outros tres "inimigos" con pretensións nucleares pero con escasas posibilidades de consegui-lo. Pouco iba a poder obter el Baradeij de Sharon dada a súa obstinada política de seguridade. O verdadeiro poder de negociación non está nas suas máns, senón en Washington, Tel Aviv e, posiblemente, Teherán.