20061126 caracas mitin chavez eleccions presidenciais

Medos pro/anti bolivarianos

Apartados xeográficos Latin America ARCHIVE
Idiomas Galego
 Mítin Chávez en Caracas, clic para aumentar
Entre os partidarios do actual presidente Hugo Chávez, os medos son a curto prazo. Teñen que ver co feito de que a oposición non acepte a súa derrota nas urnas, do mesmo xeito que non aceptou a indiscutible derrota no referendo revogatorio. Lembran que Manuel Rosales asinou o golpe de estado do empresario Pedro Carmona Estanga. (Foto: Mítin de Hugo Chávez en Caracas o 26 de novembro).
 

Non se precisa baixar do avión no aeroporto de Maiquetia, para impregnarse da desbordada crispación que vive o país caribeño. Un recoñecido medico con prestixio internacional e de orixe galega, profesor da universidade de Carabobo durante vinte anos, que decidira instalarse na Coruña hai seis meses, e que regresaba a Venezuela para liquidar as propiedades que lle quedaban, me advertía que no caso de gañar Chávez, os pais e nais perderían a tutela dos seus fillos, que pasaría a ser compartida cun Estado que podería mesmo negar a saída do país dos fillos contra da vontade dos país. Así mesmo me facía saber que xa nos colexios privados de Venezuela os libros de texto e os profesores estaban monitorizados dende a revolución boivariana. Non tiña ningunha dúbida nos temas que afirmada, nin entendía que houbese reticencias a crer semellantes dilates.

Nada máis instalarse en Caracas, a dinámica de medos e paranoias do círculo máis próximo de amizades que detestan a Chávez, e teñen vista chantada no horizonte das presidenciais do 3-D, continuaba coa súa lista interminable de calamidades que agardan no caso de que Chávez repita mandato: Os profesores terán que ir a Cuba para recibir adoutrinamento. No caso de negarse perderán o emprego. Se gaña Chávez, non haberá xa máis propiedade privada que pasará a mans do estado…

Cando repito a mesma pregunta entre os opositores cos que teño una relación máis próxima. Que pensas que pode aportar Rosales a Venezuela? A resposta nunca é directa pero sempre é a mesma: Non quero a Chávez de presidente.

Unha fervenza de rumores irrompe violentamente na vida cotidiá dos venezolanos posicionados visceralmente a favor ou en contra de Chávez.

Entre os partidarios de actual Presidente Hugo Chávez, os medos son a curto prazo, non se expresan en termos de desconfianza cara ás hipotéticas accións de goberno que implantaría o actual gobernador de Zulia que asinou o Golpe de estado de 2002, e candidato presidencial Manuel Rosales, quen por certo non presentou programa de goberno algún. Os medos que expresan teñen que ver co feito de que a oposición non acepte a súa derrota nas urnas, do mesmo xeito que non aceptou a indiscutible derrota no referendo revogatorio.

Diversos portavoces cualificados do comité de campaña de Chávez teñen alertado de que xa se repartiron, entre os opositores, camisetas negras que levan impresa en grandes caracteres a palabra Fraude. Así mesmo, dan conta de que tamén existen moitas urnas preparadas con papeletas falsas impresas a favor do candidato opositor que teñen a intención de ser depositadas polos detractores de Chávez nos basureiros e debaixo das pontes, para dar e mesma sensación de fraude que se tivo tras das irregulares eleccións de Haití.

Venezuela non amencía tan paranoica dente o referendo revogatorio de agosto de 2004. Os ruxes-ruxes poden ser certos, hipotéticos ou directamente inventados, pero o certo é que na noite do día 3 de decembro moitos venezolanos vivirán como drama persoal os resultados das presidenciais. Mesmo no caso de gañar Chávez, unha nova remesa de detractores teñen decidido saír do país.

Todo apunta a que a maioría dos venezolanos darán a súa continuidade ao proceso de cambio iniciado o 2 de febreiro de 1999 e que a oposición aínda debe esforzarse nun novo período en acadar a confianza dos que foran excluídos da política e do reparto da riqueza durante a cuarta república.

En Caracas, Laudelino Pellitero.