Milenios de pobreza

O mundo atópase no tramo final cara 2015, prazo establecido para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento das Nacións Unidas para o Milenio, adoptados no Cumio de 2000. Os desafíos son coñecidos. Os compromisos asumidos polos gobernos de todo o mundo inclúen reducións da pobreza, a fame, as infeccións de VIH e malaria e a mortalidade infantil e materna, así como a promoción da sustentabilidade, entre outros. Pero semella que todos tiraron xa a toalla.

Apartados xeográficos Development cooperation
Idiomas Galego

O mundo atópase no tramo final cara 2015, prazo establecido para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento das Nacións Unidas para o Milenio, adoptados no Cumio de 2000. Os desafíos son coñecidos. Os compromisos asumidos polos gobernos de todo o mundo inclúen reducións da pobreza, a fame, as infeccións de VIH e malaria e a mortalidade infantil e materna, así como a promoción da sustentabilidade, entre outros. Pero semella que todos tiraron xa a toalla.

O mundo atópase no tramo final cara 2015, prazo establecido para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento das Nacións Unidas para o Milenio, adoptados no Cumio de 2000. Os desafíos son coñecidos. Os compromisos asumidos polos gobernos de todo o mundo inclúen reducións da pobreza, a fame, as infeccións de VIH e malaria e a mortalidade infantil e materna, así como a promoción da sustentabilidade, entre outros. Pero semella que todos tiraron xa a toalla. O informe de seguimento presentado recentemente polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional alerta sobre a encrucillada: non só non haberá avances, pode haber retrocesos serios. Bastan dous indicadores: a consecuencia da crise, entre 55 millóns e 90 millóns de persoas quedarán sumidas na miseria; e o ingreso por habitante caerá en medio cento de países, a maioría deles africanos. En África subsahariana e Asia meridional, onde a pobreza é maior, a baixa na produción, di o informe, elimina as perspectivas previas á crise dunha continuidade na redución da pobreza.

A comezos de abril pasado, o cumio do G20 adoptou o acordo de subministrar ao FMI 750.000 millóns de dólares para facilitar créditos aos países en desenvolvemento. O Banco Mundial anunciou facilidades financeiras para soster os sistemas de saúde e educación, por valor de varios miles de millóns de dólares, cantidades que semellan totalmente insuficientes para moderar o impacto da crise, cuantificado nunha previsión de entre 200.000 e 400.000 mortes anuais de menores de cinco anos de aquí a 2015.

Os países ricos, que multiplican os apoios para empresas e bancos en cantidades multimillonarias trocando billóns por trillóns alí onde antes non parecía haber dispoñibilidade algunha para outros menesteres, siguen incumprindo os compromisos de axuda ao desenvolvemento. Dunha crise a outra (de prezos dos combustibles, dos alimentos, financeira, etc), os países pobres asumen custes humanos xigantescos e unhas perspectivas de desenvolvemento cada vez máis remotas. Os famentos crónicos no mundo poderían ser da orde de 1.000 millóns a finais deste ano. En 2007, sumaban 850 millóns. Nun mundo en recesión nas economías avanzadas, a loita contra a pobreza é un desafío serio e urxente que non se pode deixar de lado. Na primeira metade desta década houbo avances significativos en materias como a educación primaria ou a redución das mortalidades infantil e materna. Agora non deberiamos estragar ese impulso.