Alemaña acolleu entre o 14 de xuño e o 14 de xullo o Campionato Europeo da UEFA, que enfrontaba ás 24 mellores seleccións de fútbol de Europa. Pese ao grande e fervente seguimento que ten o fútbol, a participación acotada a un só continente, xusto antes do evento deportivo de maior alcance no globo, os xogos olímpicos, e unha ausencia de polémicas na organización desta edición, facían prever unha relativa calma na diplomacia deportiva durante a competición. Máis aínda tras coñecer as seleccións clasificadas, pois resultaban descartados todos os “partidos prohibidos da UEFA”1. Quedaba fóra por sanción Rusia, e por motivos deportivos outras como Armenia e Acerbaixán, envoltas no conflito do Nagorno-Karabaj; Kosovo, na disputa territorial máis latexante nos Balcáns; ou Israel, que está adherido ao torneo europeo pero caeu na última rolda de clasificación, e que podería ter causado incidentes pese as duras restricións da UEFA en tanto ás manifestacións de carácter político, ideolóxico ou relixioso, que xa prohibiron na Eurocopa a presenza de bandeiras Palestinas ou Israelís.
Contra esa esperada calma, o torneo foi empregado polas seleccións participantes como plataforma para acercarse a Europa, recordarlle as súas traxedias ou alarmar sobre a situación política; así como recalcar as tensións diplomáticas existentes ou incluso xerar novas.
Xeorxia: Estamos en Europa, máis que un lema futbolístico que se viu truncado no trascurso da Eurocopa.
Tanto foi así, que atopamos a presenza de actos de diplomacia deportiva incluso antes de comezar a cita futbolística, na propia clasificación para o evento. Xeorxia acadou a súa primeira participación da historia apenas tres meses despois de adquirir o estatusde país candidato á adhesión á Unión Europea. As rúas tornaron unha festa, onde o repetido slogan weareineurope, parecía significar máis que a mera presenza do combinado no torneo. Sabendo o impacto que ten o deporte rei no vello continente, entendían a súa presencia como unha forma de reivindicarse como parte del, e amosarse como un país aberto e con elementos identitarios en común.
Porén, en maio chegaron os problemas, ca aprobación da “Lei sobre a transparencia da influencia externa”, similar á lei rusa de “Axentes estranxeiros” e que podía dificultar a súa entrada na Unión. O texto foi duramente criticado nas rúas e varios xogadores do combinado nacional publicaron mensaxes en redes sociais apoiando as manifestacións e a favor da integración europea. Tras isto, o 27 de xuño, ca selección a piques de disputar un inesperado partido de oitavos, o Consello Europeo amosaba a súa profunda preocupación pola evolución da situación do país e interrompía de factoo proceso de adhesión.
Vistos os posicionamentos anteriores, cabía esperar protestas, mensaxes ou alusións explícitas dende as bancadas ou os xogadores, mais non foi así. Non se sabe se porque quedou eclipsado polo éxito deportivo, polas duras restricións da UEFA ou as fortes influencias do goberno na federación de fútbol2, pero a polémica pasou de puntillas mentres o fútbol Xeorxiano acaparaba televisións e corazóns de todo o continente.
Ucraína non quere ser olvidada
Ucraína empregou o evento como altofalante para recordar a tráxica situación do país, tras máis de dous anos en guerra. Fixérono principalmente fóra do campo, mediante declaracións de futbolistas, nas que tamén enaltecían ao exercito ucraíno e aseguraban querer amosar no torneo a resistencia dun pobo, e unha FanZonemáis sobria e emotiva, dedicada a sensibilizar, na que incluían restos das bancadas do Estadio Sonyachny de Kharkiv, bombardeado por Rusia en maio de 2022.
Pese a unha ampla unanimidade no apoio a Ucraína, apreciáronse bandeiras e cánticos pro-rusos por parte dos seguidores serbios; e bandeiras da República Popular de Donetsk nas bancadas de Romanía, das que tamén se publicou un vídeo coreando o nome de Vladimir Putín, pero que resultou ser unha montaxe cun audio falso.
Mostras de odio cruzadas entre os países balcánicos
Kosovo non estivo presente nos terreos de xogo, mais si o fixo nunhas bancadas que puxeron de manifesto o latentes que seguen os conflitos dos Balcáns. Por unha banda, os seguidores de Serbia mostraron bandeiras e cánticos que incluían o territorio de Kosovo3 como propio, baixo o lema “sen rendición”. Pola outra banda, os de Albania exhibían símbolos do grupo paramilitar albano-kosovar “Exército de Liberación de Kosovo”, así como mapas do país cuxas fronteiras tamén se estendían das formalmente establecidas. Ambas as dúas foron sancionadas por estes sucesos e, pese a non enfrontarse no torneo, protagonizaron pelexas e agresións nas rúas xermanas. Amosaron tamén o seu odio mediante cánticos directos: as bancadas Albanesas entoaron en repetidas ocasións “mata ao serbio” durante o partido contra Croacia, cuxos siaeiros decidiron unirse ao lema. Ante isto, Serbia ameazou con abandonar a Eurocopa se a UEFA non tomaba accións disciplinarias. Finalmente, saldouse cunha nova multa económica para Albania e unha investigación a Croacia.
Non rematou o conflito nas gradas, pois o dianteiro albanés Mirlind Daku liderou consignas nacionalistas contra Serbia e Macedonia do Norte durante a celebración por puntuar nese partido. Isto foi sancionado rapidamente pola UEFA con dous partidos de suspensión para o xogador por “violar as regras básicas de conduta” e “usar o evento deportivo para realizar manifestacións de carácter non deportivo”.
O oligarca xeorxiano Bidzina Ivanishvili, fundador do Georgian Dream e ex Primeiro Ministro de Xeorxia prometeu primas de 10 millóns de euros aos xogadores por chegar a oitavos.
A celebración dun gol de Turquía remata en sendas convocatorias de embaixadores
Polos mesmos motivos foi sancionado o xogador turco Merih Demiral, tras celebrar un gol contra Austria realizando coas súas mans un símbolo, prohibido precisamente no país rival, asociado aos “Lobos Grises”: grupo paramilitar e ultranacionalista que promulga a supremacía histórica dos turcos. Pese a que o xogador declarou que tan só é un símbolo de orgullo por ser turco, o xesto desencadeou fortes consecuencias. A sanción da UEFA enfadou aos afeccionados turcos, que contan en Alemaña co seu maior asentamento en Europa, e convocaron unha manifestación plagada deste símbolo. Non suficiente con isto, provocou unha disputa diplomática entre o país otomán e o organizador do torneo, tras as críticas vertidas por varios ministros xermanos. A resposta Turca foi convocar ao embaixador de Alemaña en Ankara, e o país teutón fixo o mesmo co seu homólogo en Berlín. Finalmente as tensións quedaron aí, e o presidente Turco, Recep Tayyip Erdogan, asistiu con normalidade ao palco do seguinte encontro.
Sen espazo para as eleccións británicas, foco mundial para as francesas.
E mentres a pelota rodaba nos campos, houbo tempo a falar de política nacional, aínda que só por parte dos protagonistas dunha das seleccións implicadas. Como é o máis común no mundo do fútbol, as eleccións no Reino Unido do 4 de xullo pasaron máis ben inadvertidas no torneo. As poucas veces que se lle preguntou aos xogadores ingleses sobre os comicios contestaron que a concentración para eles era “unhazonalibredepolítica”.
Moito menos habitual foi a reacción dos xogadores do combinado francés sabendo as consecuencias en contratos e patrocinios que ten posicionarse. Conscientes do foco internacional que tiñan por estar na Eurocopa e por ser algunha das grandes estreas do fútbol mundial, aproveitaron para visibilizar o auxe da ultradereita francesa de cara ás eleccións lexislativas (cuxo impacto sobre os xogos analizamos nesteartigo). Así, varios xogadores, tanto de ascendencia inmigrante como non, alertaron en redes sociais e roldas de prensa da “catastróficasituación” e chamaron á mobilización do voto para “frear aos extremos que chaman á porta”, entre outras declaracións.
España reaviva as tensións con Xibraltar
Rematou o torneo, mais aínda quedaba espazo para novas polémicas diplomáticas. España fíxose co trofeo nunha final fronte a Inglaterra e na celebración varios xogadores comezaron o cántico “Xibraltar é Español”, que foi secundado polos afeccionados e incluso figuras políticas presentes, como o alcalde de Madrid. Isto non fixo gracia no territorio británico de ultramar, como amosou en redes sociais o Ministro Principal do Peñón, Fabian Picardo, que tachou o cántico de “glorificarapolíticaditatorialdunasasino enmasacomoFranco”. Do mesmo xeito, a Asociación de Fútbol de Xibraltar elevou unha queixa formal ante a UEFA, que xa iniciou unha investigación. En principio, podería ter consecuencias tan só individuais sobre os xogadores que iniciaron as proclamas.
Bonus: Conflito diplomático na copa américa que xa custou un cese político.
Algo similar aconteceu na celebración do torneo homólogo ao outro lado do Atlántico, a Copa América, que non tivo grandes disputas diplomáticas ata xa rematado o torneo. Tras a final gañada por Arxentina, un dos seus compoñentes subiu un vídeo a redes sociais no
que varios xogadores entoaban unha canción con claros cortes racistas contra o combinado de Francia. A repudia foi rápida por parte de futbolistas franceses e compañeiros no seu equipo en Inglaterra. Do mesmo xeito, a Federación Francesa de Fútbol interpuxo unha denuncia ante a FIFA para a súa investigación, así como pola vía xudicial.
Isto deu lugar a unha cadea de reaccións dende Arxentina. O subsecretario de deportes considerou que “ocapitán eopresidentedaseleccióndebían saír apedirdesculpas”. Lonxe de acontecer, estas declaracións custáronlle o posto. A Oficina da Vicepresidencia cesoulle do cargo tras sentenciar que“ningúngobernodebedicirlleáArxentinacampioa domundoquedicir”. Máis lume prendeu a título persoal a Vicepresidenta do país en redes, que tachou a Francia de “paíscolonialista” que “simulaba indignación” ante “verdades que non quería oír”. Finalmente, o encargado de apagar estes lumes foi o Portavoz da Presidencia, asegurando que “non era a postura do goberno” e que “as relacións con Francia están absolutamente intactas”.
Falta por ver até que punto isto é certo ou se este acto, así como calquera dos anteriores, acada consecuencias diplomáticas máis aló dos xa rematados torneos de fútbol. Especialmente tendo en conta que todos os implicados, a excepción de Rusia, están convidados á gran cita Olímpica en París, e poderán deixar enfrontamentos directos nas pistas ou encontros nos palcos institucionais, cuxos efectos seguiremos de preto. Pase o que pase, a Eurocopa e a Copa América amosan, como mínimo, un exemplo máis de como as tensións diplomáticas inflúen no deporte, e de como o deporte pode influír e xerar novas tensións diplomáticas.
1 Partidos prohibidos da UEFA: Rusia vs. Ucraína; España vs. Xibraltar; Armenia vs. Acerbaixán; Kosovo vs. Serbia, Rusia e Bosnia e Hercegovina.
2 O presidente da Federación Xeorxiana de Fútbol, Levan Kobiashvili, é membro activo do parlamento por Georgian Dream, partido no goberno, e votou a favor da mencionada lei.
3 De maioría étnica Albanesa, declara de forma unilateral a súa independencia de Serbia en 2008 e está recoñecido por 22 dos 27 países membros da Unión Europea.

