university of baghdad

Morra a intelixencia

Apartados xeográficos Middle East ARCHIVE
Idiomas Galego
 Universidade de Bagdad, clic para aumentar
Unha boa maneira de debilitar a país é xusto descabezar a súa Universidade. Foto: (Arco da Universidade de Bagdad).
 

Dende a invasión de Iraq, van alá tres anos, desapareceron ou apareceron mortos case douscentos profesores universitarios. Só na universidade de Bagdad houbo cincuenta e catro. Digamos tamén que na de Basora os profesores mortos ou desaparecidos foron trinta e un e na de al-Mustansiriya vintedous.

O primeiro que un se pregunta é a quen benefician eses feitos. Non á resistencia, dende logo. Nin ás forzas relixiosas que viven en permanente tirapuxa. Nin tampouco, de primeiras, poden beneficiar aos invasores. ¿Quen se beneficia, pois, dunhas mortes tan selectivas? ¿Que se procura con elas?

A resposta é moi difícil, cunha mínima seguridade. Pero a min paréceme que Richard Becker pode ter razón cando sinala que toda a política USA dos últimos quince anos, incluídas as mortíferas sancións a Iraq, non tiña outro obxectivo que facer deste un país feble, dividido e, por iso mesmo, máis doadamente explotable nos anos vindeiros. Unha boa maneira de debilitar a país é xusto descabezar a súa Universidade.